Martes. 30.04.2024
El tiempo

Por Nadal, Agasalla Laracha

Nadal Laracha-Praza do Concello copia
A praza do Concello da Laracha o ano pasado
Por Nadal, Agasalla Laracha

 O Concello da Laracha pon en marcha unha nova campaña dirixida a dinamizar o sector do comercio local e a incentivar as vendas nos pequenos establecementos e servizos do termo municipal. Nesta ocasión farase mediante a entrega aos clientes de tarxetas rasca e gaña en todos os negocios e servizos adheridos á campaña Agasalla comercio local, ten premio, que ou terán premios directos para os consumidores ou lles ofrecerán a oportunidade de participar nun sorteo de regalos.

Esta semana presentaranse as bases e abrirase o  prazo para que se inscriban a través da web nadal.alaracha.gal todas as pequenas e medianas empresas e autónomos laracheses que o desexen dos sectores comercial, hostaleiro, cultural, educativo, taxistas, salóns de peiteado e outros tratamentos de beleza. Poderán facelo ata o 5 de decembro.

O Concello repartirá entre os adheridos un total de 10.000 tarxetas rasca e gaña, que deberán ser distribuídas entre os seus clientes por cada 10 euros de compra. 1.000 desas tarxetas terán un premio directo de 10 euros para empregar en calquera dos establecementos e servizos adheridos en compras mínimas de 20 euros entre os días 11 e 23 de decembro. Os vales non son acumulables e non poderán cambiarse por cartos en efectivo.

As outras 9.000 tarxetas non premiadas terán unha segunda oportunidade cun sorteo. Depositándoas cos datos persoais nas urnas que estarán habilitadas nas tres
bibliotecas municipais (A Laracha. Paiosaco e Caión) entrarán no sorteo de tres agasallos: un cofre regalo cunha experiencia turística, unha consola PlayStation 5 e un xamón ibérico.
 

Máis novas

Comentarios