Luns. 09.09.2024
El tiempo

Nova campaña en marcha do Eu merco na Laracha

Visita Xunta na Xoiería Cristóbal Laracha-Bono Comercio
Unha visita Xunta á Xoiería Cristóbal da Laracha polo Bono Comercio
Nova campaña en marcha do Eu merco na Laracha

 O Concello da Laracja porá en marcha en próximas datas a segunda edición do programa Eu merco na Laracha, que se impulsará co propósito de dinamizar e reactivar a economía dos sectores comercial, hostaleiro e servizos do termo municipal.

Do mesmo xeito que no ano pasado, Eu merco na Laracha consistirá nunha campaña de bonos que se porán a disposición da cidadanía larachesa para empregar nos establecementos adheridos. Deste xeito o Concello subvencionará as compras co múltiplo obxectivo de fortalecer os negocios locais, beneficiar a economía da veciñanza e fomentar o consumo de proximidade.

A segunda edición de Eu merco na Laracha terá unha dotación económica inicial de 40.000 euros, xa consignada nos orzamentos municipais deste ano, cos que se financiarán un total de 1.333 chequeiras por un valor de trinta euros.
Cada unha delas conterá tres bonos de dez euros para descontar por gastos de vinte euros nas compras, consumos ou servizos nos establecementos ou actividades adheridos (por vinte euros de gasto descontaríase un bono, por corenta euros, dous, e por sesenta euros, tres).

Eu merco na Laracha terá unha páxina web propia na que se ofrecerá información puntual e precisa sobre o programa e permitirá realizar todos os trámites, entre eles as solicitudes dos bonos por parte da veciñanza e a adhesión á iniciativa polos establecementos comerciais.

Comentarios