martes. 07.10.2025
El tiempo

Nova visita guiada ao Castro de Montes Claros

Castro de Montes Claros
Nova visita guiada ao Castro de Montes Claros

O Concello oferta unha nova visita guiada ao Castro de Montes Claros para animar á cidadanía a coñecer tanto o xacemento como os resultados das escavacións arqueolóxicas realizadas nos últimos anos.

A cita será o próximo sábado, día 11 de outubro, ás 11:00 horas. Nesta ocasión non se require inscrición previa, a participación é gratuíta e o punto de encontro será a entrada principal ao propio castro.

O percorrido é apto para todos os públicos e será guiado por Puri Soto, directora do proxecto de posta en valor do xacemento.

Comentarios