Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Paralizan a instalación dunha antena de telefonía móbil ao carón do CEIP Otero Pedrayo

CEIP Otero Pedraio da Laracha
Paralizan a instalación dunha antena de telefonía móbil ao carón do CEIP Otero Pedrayo

O Concello da Laracha vén de paralizar a obra de instalación dunha estación base de telefonía móbil na parcela contigua ao recinto do CEIP Otero Pedrayo, en concreto na parte traseira do pavillón polideportivo do colexio.

O Concello detectou varias deficiencias no proxecto, polo que lle trasladou á promotora o requirimento, segundo informe técnico, de documentación xustificativa axeitada. Tamén se notificou a conveniencia de atopar un emprazamento máis óptimo para a citada base de telefonía móbil.

Ao mesmo tempo, o alcalde e a concelleira de Ensino convocaron unha reunión coa dirección e a Anpa do centro do ensino para ofrecerlles a información oportuna. O Consello Escolar do CEIP Otero Pedrayo reuniuse con carácter de urxencia no día de onte para tratar este asunto, deixando constancia da súa oposición e instando a buscar unha nova ubicación.
 

Comentarios