Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Posta a primeira pedra para a instalación da empresa Unifersa no Polígono da Laracha

Posta a primeira pedra para a instalación da empresa Unifersa no Polígono da Laracha

Coma se o AVE chegase á comarca, este pasado martes unha completa expedición da administración pública achegábase ao Parque Empresarial da Laracha para poñer a primeira pedra da instalación da empresa Unifersa. É certo que a firma galega é un referente nacional na distribución de material de ferraxaría, e a súa incorporación ao tecido empresarial bergantiñán é todo un activo para o desenvolvemento do eixo A Laracha–Arteixo–Carballo como “a futura plataforma loxística máis importante do Noroeste de España”, aseguraba o alcalde López Varela.

Acodiron, ademais do alcalde o Vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o director xeral –Jesús Vieito-, o presidente –Luis Astray-, membros do consello de administración, xunta directiva e socios de Unifersa,

Prohibido paso de vehículos longos por Caión

Desde hoxe a ata o 30 de setembro estará prohibido o acceso de vehículos de máis de cinco metros ás rúas próximas á praia de Caión. A Policía Local procedeu á colocación da sinalización na que se advirte desta normativa dirixida a facilitar a circulación e tamén a optimizar os espazos de aparcamento dispoñibles nas inmediacións do areal. Do mesmo xeito que nos veráns anteriores, recomendarase estacionar ese tipo de vehículos na zona da Insua, xunto ao centro sociocomunitario “Costa da Morte”.

Comentarios