Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A rapazada da Laracha aprendeu a coñciar sobremesas de Nadal

filter: 0; fileterIntensity: 0.0; filterMask: 0; captureOrientation: 0; module: photo; 
hw-remosaic: false; 
touch: (-1.0, -1.0); 
modeInfo: ; 
sceneMode: 8; 
cct_value: 3055; 
AI_Scene: (-1, -1); 
aec_lux: 238.0; 
aec_lux_index: 0; 
hist255: 0.0; 
hist252~255: 0.0; 
hist0~15: 0.0; 
albedo:  ; 
confidence:  ; 
motionLevel: 0; 
weatherinfo: null; 
temperature: 27;
A rapazada da Laracha aprendeu a coñciar sobremesas de Nadal

No marco do programa municipal de actividades de Nadal, unha das actividades que máis éxito está a ter foi o obradoiro de cociña infantil de Nadal. As dúas primeiras quendas desta iniciativa realizáronse na tarde de onte na Casa da Cultura, contándose con vinte participantes en cada unha delas, corenta en total. Nas dúas horas de duración de cada obradoiro aprenderon a elaborar doces típicos destas datas como turrón, cocadas e galletas.
Os días 2 e 3 de xaneiro levaranse a cabo as outras catro quendas restantes, do mesmo xeito con vinte participantes en cada unha delas. Ao estar todas as prazas cubertas, o total de asistentes a estes obradoiros de cociña infantil de Nadal ascenderá a 120 nenos.

Con esta proposta o Concello, ademais de ofrecer aos rapaces a posibilidade de aproveitar o seu tempo de lecer, tamén facilita aos seus pais a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Comentarios