Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Repaso ás obras do CEIP de Alfredo Brañas de Paiosaco

LARACHA 1
LARACHA 1
Repaso ás obras do CEIP de Alfredo Brañas de Paiosaco

Visita institucional onte ao CEIP de Alfredo Brañas para revisar e poñer en valor as obras que a Xunta ten realizado no centro. Unhas necesarias obras de eficiencia enerxética do edificio e a confortabilidade do centro educativo para todos os usuarios.

Posteriormente, o delegado desprazouse ata o CEIP Ramón Otero Pedraio da capital municipal para supervisar as obras do peche perimetral que se están executando nunha parcela anexa ao centro educativo para habilitar unha zona de aparcamento para autobuses e coches particulares e un espazo de zona verde para complementar os servizos que se ofrecen para alumnos, equipo docente e familias neste colexio.

Comentarios