Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Rouban en 3 vehículos a plena luz do día no centro de Caión

O roubo produciuse en pleno centro de Caión
O roubo produciuse en pleno centro de Caión
Rouban en 3 vehículos a plena luz do día no centro de Caión

O 6 de marzo arredor das 15.00 na praza Eduardo Vilafano de Caión tiveron lugar unha serie de delitos en tres vehículos.

Os propietarios atoparonse cas ventás desfeitas e con sustraccións de obxectos persoais e profesionais dos coches. A situación xerou unha situación de tensión, as víctimas tiveron que exercer moita presión para que as autoridades acudiran ó lugar pois insistían en que o deber dos afectados era interpoñer a denuncia na Laracha ou en Carballo sen que os axentes visitaran o lugar dos feitos.

Finalmente os axentes da Garda Civil e da Policía Local achegaronse a coñecer os feitos.

Trátase dunha situación anómala en Caión, onde non adoitan producirse feitos destas características e menos en temporada baixa de turistas, cando o lugar se atopa tranquilo. O acontecido xerou moito malestar entre os veciños que demandan máis protección e prégase a colaboración cidadá para dar dar cos infractores así como para recuperar os obxectos sustraídos.

comentarios