Mércores. 01.05.2024
El tiempo

3 Rutas da Costa da Morte volven lograr o distintivo "Sendeiro Azul"

2023.12.15.- Tramo do Sendeiro de Saldoiro de Caión
Tramo do Sendeiro de Saldoiro de Caión
3 Rutas da Costa da Morte volven lograr o distintivo "Sendeiro Azul"

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) anunciou onte os resultados do Xurado do programa Sendeiros Azuis, que inclúe un ano máis, por undécimo consecutivo, o galardón para o Sendeiro de Saldoiro de Caión. Tamén inclúe a Ruta Razo-Baldaio, en Carballo, e a Ruta Litoral de Camariñas, que une Santa Mariña co Cabo Vilán.

No caso larachés, ADEAC recoñece, así, o tramo do paseo marítimo de 1,5 quilómetros de distancia que bordea a costa desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido como un valiosos recurso para a interpretación ambiental, o desfrute da natureza e a realización de actividades deportivas e de ocio ao aire libre, destacando tamén o compromiso do Concello na súa recuperación e posta en valor.

En toda España hai 128 Sendeiros Azuis, dos cales 49 son itinerarios galegos pertencentes a 27 concellos diferentes, once deles na provincia da Coruña.
 

Comentarios