Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Servizo de Atención Temperá da Laracha estrea instalacións

Laracha- Servizo de atención temperá
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, visitaron o novo emprezamento
O Servizo de Atención Temperá da Laracha estrea instalacións

Indispensable o traballo que realiza o Servizo de Atención Temperá da Laracha coa rapazada máis cativa. A entidade, tras un anos de actividade, cambia de ubicación para mellorar o servizo. O novo emprazamento está situado na Avenida Doutor López Astray da Laracha, onde poderán traballar a gusto o actual equipo formado por psicóloga, terapeuta ocupacional, fisioterapeuta e logopeda coas 35 crianzas.

O servizo de atención temperá consiste nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil (0 a 6 anos), á súa familia e ao seu contorno, que teñen por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos para facilitar a súa autonomía persoal e inclusión social.

Reiteran a importancia de detectar o antes posible esas dificultades para obter mellores resultados, e poden facelo a través do pediatra do Centro de Saúde, ou solicitando cita previa chamando ao 981612811.

Novas relacionads

Comentarios