O temporal provocou a caída dunha árbore sobre o paseo fluvial de Gabenlle
Fica pechado o paseo fluvial do río Vilán ao carón da área recreativa de Gabenlle, trala caída dunha árbore esta pasada fin de semana de martes a mércores 19 de outubro por mor do temporal, provocando ademais serios danos na estrutura de madeira.
Os efectivos da Policía municipal de seguridade acordoaron os dous accesos, un xunto á glorieta da
autoestrada AG-552 en O Cancelo e, o outro, na estrada que dirixe ao Igrexario á altura do lugar de O Vilar.
O Concello retirará a árbore caída a maior brevidade e realizará unha avaliación dos danos que presenta o paseo fluvial antes de proceder á súa reparación.
Por outra parte, o temporal de onte tamén causou incidencias, como a acontecida na estrada local A Laracha-Cerceda á altura da subida ao miradoiro de Santa Marta -entre os lugares de A Xesta e Compañeiro-, onde a forza da
auga arrastrou terra á estrada.