Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Un variado menú de verán para a mocidade da Laracha

Actividades 1
Un variado menú de verán para a mocidade da Laracha
Xa están abertas as inscricións para o completo programa municipal de actividades de verán que se desenvolverá durante os meses de xullo, agosto e setembro e que inclúe un total de2 1 propostas culturais, deportivas, lúdicas e recreativas especialmente dirixidas ao público infantil e xuvenil. O dobre obxectivo deste programa é ofrecer opcións para o aproveitamento do tempo libre e facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán nos centros escolares.

Ademais dos campamentos, volven os campus de fútbol na Laracha e Paisaco, e o de baloncesto. Outras actividades para o público infantil serán o circuíto de karts a pedais que se habilitará no campo da feira de Paiosaco o 10 de agosto e o cursillo de iniciación ao surf na praia de Caión o 24 de agosto. Ademais, haberá saídas para gozar de xornadas lúdicas de humor amarelo (A Coruña, 14 de xullo), multiaventura (Naturmaz en Mazaricos, 27 de xullo), inchable acuático (praia de Gandarío, 3 de agosto), paintball (Cacheiras de Teo, 18 de agosto) e visita ao museo etnolúdico de Ponteceso (20 de agosto).

Para o público xuvenil hai multiaventura, barranquismo, kaiak, humor amarelo e surf, ademais doutras ofertas de Cultura Urbana. Hai cine ao aire libre, e espectáculos de rúa coincidindo con tres das principais festas do verán. O 19 de xullo (Festas do Carme) Caión acollerá Acuario, de Teatro Ghazafelhos. O 15 de agosto (Festas da Laracha), está programado o show de acrobacia aérea e ópera cantada Ikigai, a cargo de SU.MA. Por último, o día dos Milagres (8 de setembro) actuará en Caión Muu co espectáculo circense Crunch!

Poderán formalizarse acudindo ao Concello ou tamén en liña cubrindo o formulario que se habilitará na web municipal alaracha.gal.

Actividades laracha veran 2021

comentarios