Luns. 07.10.2024
El tiempo

5 concellos perderán o Servizo de Orientación Laboral se non unen as súas forzas

5 concellos perderán o Servizo de Orientación Laboral se non unen as súas forzas

A Xunta vén de publicaa a orde no DOG de Orientadores Laborais. E hai novidades que nos afectan aos concellos da bisbarra, pois a Xunta inclúe o requisito de que os concellos terán que ter unha media superior a 500 parados no 2011 para manter o Servizo de Orientación Laboral.

Deste xeito, 5 concellos da Costa da Morte non poderán renovar o servizo no 2012. En principio Corcubión, Cabana, Carnota, Malpica e Laxe, a non ser que se unan con outros municipios, quedarán sen orientadores, pois teñen menos parados durante o pasado ano.
Duras son as situacións dos concellos de Carnota e Laxe, que levaban moitos anos con este servizo, e mesmo o Concello laxense cubría o custe do orientador durante todo o ano cando as axudas vencían.

Na zona, dos 10 concellos que mantiñan este servizo o ano pasado, só cumpren o requisito do número de parados (imposible sería que Corcubión, con 1.800 habitantes tivera ese número de parados) os Concellos de Cee, Camariñas e Vimianzo, ademais dos da comarca industrial de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laracha.

Unión de Concellos e de servizos

A orde ten tamén a súa lectura positica, e deixa unha porta aberta á fusión de servizos e optimización de recursos, abrindo de novo o debate da fusión de concellos. Deste xeito, a axuda permite que dous concellos presenten unha proposta común que permita contratar un orientador para os dous termos municipais.

Así por exemplo, Corcubión e Fisterra, ou Laxe e Cabana, poderán unir forzas e presentar un proxecto para conseguir un orientador conxuntamente.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios