A APLU realizou 33 derrubamentos na Costa da Morte dende 2011


Vivíamos onte a última sentenza que pode botar abaixo unha nova casa en Fisterra. Dende 2008, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) ordeou o derribo de ata 36 edificacións nos concellos da nosa zona, unha cifra que en todo caso seguro que non lle parece suficiente a moita xente.
É o Concello de Carballo o máis afectado con 10 intervencións, e o ano 2014 o máis activo, con 16 derrubos.
Ano a ano
Unha casa costeira (en Carballo), demolida en 2008. Unha casa (en Camariñas), botada abaixo en 2009. Tras un 2010 sen derrubos pola volta, o 2011 foi o primeiro ano no que a APLU comezaba a traballar en serio na Costa da Morte.
En 2011, a APLU derrubaba 3 casas en Malpica, unha nave en Coristanco, outra en Santa Comba e outra en Dumbría, e mais unha casa en Fisterra. Xa foron 7 intervencións serias nese ano.
O 2012 non demasiado activo, e apenas houbo na zona un derrubo dun galpón en Muros, e outro dunha nave en Corcubión.
Para o 2013, sendas edificacións en Ponteceso, Malpica e Carballo sufrían as iras da Legalidade urbanística.
O 2014 foi o ano con máis intervencións na Costa da Morte. Foron abaixo un par de casas costeiras e unha vivenda prefabricada en Carballo, unha en Camariñas e outra en Malpica, 3 casiñas de interior en Ponteceso, as 4 casas de Mar de Fóra de Fisterra, un completo proxecto de "endosados" en Muros, un galpón en Cabana, unha carpa no Ézaro, unha zona de canteira nos Penedos de Traba e Pasarela…
Neste 2015 a APLU tamén tivo choio pola zona. Unhas casas prefabricadas en Carnota, Ponteceso e Carballo, onde ademais derrubaron unha construción anexa a unha casa familiar, e dous eficidios pegados; un edificio en Muros e un porche e unha pista de tenis en Ponteceso.
Exemplos





Novas sobre derribos
- Decembro 2015: A APLU ordea derrubar outra casa en Mar de Fóra.
- Febreiro 2015: Demolida voluntariamente unha casa prefabricada en Carnota.
- Xaneiro 2015: Ordenan o derribo de dúas naves non legalizables en Coristanco.
- Agosto 2014: Comezan a demolición dunha casa na praia en Arou.
- Maio 2014: Quen permitiu a edificación dunha casa, agora demolida, na Rede Natura de Malpica?.
- Marzo 2014: A Xunta anuncia a demolición das 3 casas ilegais de Mar de Fóra.
- Marzo 2014: A demolición de edificios ilegais faise realidade.
- Marzo 14: Dous hoteis ilegais demolidos en Muros.
- 2010: Nova orde de derribo para 3 casas en Fisterra.
Novas relacionadas
- Fotodesfeita: Así entendemos os galegos a protección do patrimonio (II).
- Fotodesfeita: Así entendemos os galegos a protección do patrimonio.
- Feísmos: Conclusións a ritmo de pasodobre.
- Fisterra e a casa sen vender.
- Unha viaxe á paisaxe esquecida das nosas aldeas abandonadas.
- Máis de 60 aldeas esmorecen abandonadas na Costa da Morte.
- Participando na creación do Catálogo da Paisaxe Galega.
- Maltratamos a paisaxe na Costa da Morte?.
- Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- La Voz