A caída do PP e unha alcaldesa, os principais cambios das eleccións municipais
11:24 14/06/15
As eleccións municipais do pasado 24 de maio deixaron no conxunto do ámbito español un panorama político con grandes cambios nas principais cidades. En comparación cos resultados do 2011, na Costa da Morte tamén se produciron grandes cambios que analizamos a continuación:
A CAÍDA DO PARTIDO POPULAR
Foi a maior sorpresa das eleccións municipais 2015. Tan só son dous os concellos da Costa da Morte nos que goberna o Partido Porpular; ambos con maioría absoluta. Tal é o caso de Malpica e de Cabana.
Nas antereriores eleccións municipais, celebradas no 2011, o PP saiu elixido como forza de goberno en Malpica, Ponteceso, Cabana, Coristanco, Fisterra e Mazaricos.
UNHA ALCALDESA
A gran sorpresa dos plenos de investidura nos concellos da bisbarra foi a toma de posesión de María Xosé Alfonso, de Compromiso por Galicia, como alcaldesa de Muros. Consolídase así como a únicas muller que foi elexida como alcalde na Costa da Morte nestas eleccións municipais 2015.
MAIOR REPRESENTACIÓN SOCIALISTA
O PSdeG incrementou a súa presenza nos gobernos locais da Costa Morte. En algúns casos, renovaron a súa maioría absoluta, como por exemplo en Camariñas ou en Dumbría, e noutros tiveron que pactar con outros grupos para facerse co mandato, tal e como pasou en Fisterra.
Destacan aqueles lugares onde onde socialistas tiveron o apoio suficiente para desvancar a alcaldes populares con longos anos de mandato; tal é o caso de Ponteceso e Fisterra.
AS MAIORÍAS ABSOLUTAS
En dez concellos da Costa da Morte rexistráronse maiorías absolutas. Nove deles repiten como alcaldes, o cal significa o recoñecemento ao gran traballo feito en lexislaturas anteriores. Tal é o caso de Cabana (PP), Camariñas (PSOE), Carnota (BNG), Carballo (BNG), Dumbría (PSOE), Malpica (PP), Muxía (PSOE), Vimianzo (BNG) e Zas (BNG).
Unha das sorpresas foi a maioría absoluta acadada polo nacionalista Juan José Blanco despois dos vinte anos de mandato do popular José Manuel Santos Maneiro.
Novas das Eleccións #24M
- Poucas sorpresas de última hora e moitas caras novas nos plenos de investidura da Costa da Morte
- A previa dos plenos de investidura
- 5 concellos seguen pendentes das negociacións para posibles pactos.
- APIN-SON e BNG garantirán a investidura de Lois Carballido como novo alcalde de Ponteceso.
- O PP podería perder ata 6 alcaldías.
- 3 pactos para non deixar ningún azul en Coristanco, Laxe e Ponteceso.
- 10 maiorías absolutas, 5 do BNG, 3 do PSdG e 2 do PP, e 8 concellos quedan pendentes dos pactos.
- 3 pactos para non deixar ningún azul en Coristanco, Laxe e Ponteceso.
- A importancia de 36 votos en Corcubión e dos pactos en Fisterra.
- CxG ten a chave do goberno de Muros.
- Dous posible pactos teñen en vilo Santa Comba.
- 10 maiorías absolutas, 5 do BNG, 3 do PSdG e 2 do PP, e 8 concellos quedan pendentes dos pactos.
- Os grandes nomes das Eleccións Municipais do #24M.
- Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.