Venres. 19.04.2024
El tiempo

A campaña En negro contra as violencias tingue a Costa da Morte

A campaña En negro contra as violencias tingue a Costa da Morte
UC Cee en negro O UC Cee xa se vestiu de negro esta fin de semana no seu partido no Pino do Val. O vindeiro domingo seguro que o Fútbol da Costa demostra o seu compromiso Mapa da Costa da Morte en negro Os escaparates e as redes sociais xa están sendo invadidos pola cor negra. A campaña “En negro contra as violencias” polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, está tendo unha especial incidencia na nosa comarca, e medra cada ano. Este 2018, despois da histórica mobilización, con folga incluída, do 8 de marzo, está sendo un punto de inflexión na loita social contra a violencia de xénero, e así o demostra a implicación da sociedade nesta campaña do 25 de novembro, impulsada polo Concello de Santiago de Compostela e na que participan máis de 100 municipios galegos xunto coas Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra. Ata os xogadores dos equipos de fútbol, como o caso do UC Cee esta pasada semana no Pino do Val, se vestiron de negro para deixalo patente. Pero sobre todo serán os Concellos, e o sector do comercio e a hostelería os que leven a mensaxe máis lonxe. Este ano, no que a violencia machista xa se cobrou a vida de 51 mulleres, cinco delas menores de idade, participan nesta campaña os concellos de Carballo, Cee, Camariñas, Carnota, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Mazaricos, Muros, Muxía, Vimianzo e Zas. E son máis de 550 establecimentos os que se unen á campaña, como podedes comprobar no mapa da Campaña. Así que que imos repasando, un a un, como son os seus programas.  

Completo programa do CIM de Muros

CIm Muros en negro O CIM de Muros prepara unha semana completa. O martes comezan repartindo material da campaña #Murosennegro polos centros educativos, onde ademais farán entrega ao novo alumnado do libro Os Bolechas visitan o CIM de Muros. O xoves reunirase por segunda vez a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional, un dos grandes fitos desta lexislatura, e para o venres haberá unha Andaina dende os IES ata o Curro da Praza, onde rematará cunha concentración ás 12:45 e lectura do manifesto. Ademais, ese mesmo venres 18:00h haberá un contacontos de maxia e igualdalde e o luns 26 proxectarase unha curta de igualdade en varios centros de ensino.  

#Zasennegro

Zas participa por terceiro ano consecutivo na campaña “En Negro contra as violencias”. Este ano haberá un auténtico concurso de escaparates entre os comercios do Concello, pero ademais as escolas serán protagonistas. Un taller de “Violencia de xénero e o novo contexto dixital”, unha charla e varios obradoiros, e unha obra de teatro serán algunhas das actividades que se desenvolverán nos centros de ensino zaseiros.  

Unidade Pastoral de Zas, tamén En Negro

Outra parroquia que se move é a Unidade Pastoral de Zas, que se une á campaña En Negro contra as Violencias, cunha “misa aplicada por todas as vítimas de violencia doméstica vivas e defuntas”, este domingo ás 12:30h na Igrexa de Baio.

 

#Carballoennegro

25N Carballo Ademais, da implación do sector servizos carballés na posta de loito da vila, haberá moitas máis actividades, como os Obradoiros #Camiñandopolaigualdade para homes e mulleres, que se desenvolverán durante toda a semana. Ademais haberá un obradoiro de hip-hop, e unha exposición (15 visións); contacontos o luns 26 de novembro no Pazo da Cultura. A concentración, de carácter cidadán, será o propio domingo 25 ás 12:30h na Praza do Concello.

#Dumbríaennegro

Primeiro ano que Dumbría se une á campaña, e faino da man do Centro de Información á Muller do Concello de Muxía, que cada semana se traslada os mércores de 13:00 a 15:00h ao CIM dumbriés. Este 25N cada grupo de traballadores, Protección Civil, SAP... van facer unha foto en conmemoriación do día sumándose á campaña. Ademais o venres haberá unha concentración das 13:45h diante do concello.

#Malpicaennegro

“A igualdade, un reto para o futuro, un compromiso para o presente” é o  lema da campaña promovida a modo particular (sen entrar cos protocolos ca campaña En negro contra as Violencias, da Concellería de Servizos Sociais. Os actos celebraránse o sábado 24, a partir das 18.30, na Praza da Fonte, onde se realizará ás 18.30 horas unha solta de globos morados, en homenaxe ás mulleres vítimas da violencia de xénero, e brancos, en lembranza dos nenos e nenas que sofren tamén a violencia familiar. Nese mesmo lugar gardaranse cinco minutos de silencio por todas as vítimas mortais desta lacra social. Os actos trasladaranse a continuación ao salón de plenos. Marisol Blanco será a encargada de abrir a xornada, que inclúe a proxección da curtametraxe Corazón amoratado e un coloquio posterior coa participación de Uxía Carreira, unha das guionistas da película. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, será o encargado de pechar o acto institucional, ao que seguirá un aperitivo.

#Corcubiónennegro

Ademais de empapelar a vila co material da campaña, a Concellería da Muller e Igualdalde arma varias actividades, como o obradoior de contacontos da man de Palmira Castro (mimadriña.com) no Ceip Praia de Quenxe, a exposición Express-arte que acolle o IES Fernando Blanco do 3 ao 17 de decembro; ademais da concentración e lectura do manifesto o venres 23 de novembro ás 12:00h diante da casa do Concello. Corcubion polo 25N  

#Pontecesoennegro

A avogada Estrella Couto Villarino e a escritora Mercedes Pazos Allo protagonizarán a xornada de sensibilización que se celebrará a partir das 18 horas no Edificio das Escolas. A continuación, arredor das 18:30 horas, terá lugar a presentación de “El golpe de los cobardes”, a primeira novela da escritora de orixe laxense Mercedes Pazos Allo, publicada o pasado mes de setembro, na que narra historias reais, propias e alleas, de mulleres que nalgún momento das súas vidas sofren a lacra da violencia machista. Ao remate, realizarase un coloquio para que os/as asistentes poidan intercambiar impresións e conversar coas protagonistas da xornada mentres comparten unha merenda informal a base de café e biscoito.  

#Muxíaennegro

25N en Muxia de berros e olladas copia Varias accións prepara Muxía polo 25N, pero a máis interesante desenvolverase do 11 e 13 de decembro, cando se celebren varias xornadas formativa para impulsar o funcionamento e coordinación da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. Pero antes, esta mesma semana, durante os 23, 24 e 25 de outubro, proxectarase da cortometraxe “Noetiña, as mulleres e o mar na Costa da Morte” para o alumnado do IES Ramón Caamaño. O venres 23 de novembro, ás 11:00, diante do concello, concentración para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, coa presencia do alumnado do IES Ramón Caamaño. Xa ás 20:30h do mesmo venres inaugúrase no Centro Social de Muxía (Baixo do Edificio de Servizos Múltiples) a mostra “De berros e olladas” con fotografías de Isidro Cea, Marga P. Díaz e Enrique González e os haiku de Andrea Fernández Maneiro. O sábado 24 de novembro, ás 20.00 horas,no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía poráse en escea a obra “ Pementerias “ de Xoré Teatro.  

#Ceeennegro

Ademais da campaña comercial, o martes e o mércores o contacontos de igualdalde de Ana Hermida percorrerá os coles do concello.  

#Laxeennegro

Laxe implica a todo o comercio local a tinguirse de negro. Durante toda esta semana a tenda, bar, comercio, posto do mercado… os manequíns, os manteis do restaurante e os propios profesionais enviarán unha clara mensaxe a toda a poboación. Ademais, como cada ano, haberá concentración e lectura de Manifesto ás 12h do día 23 de novembro. Será no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura.  

#Camariñasennegro

Persoal do CunkCafé da Ponte do Porto ataviadas de negro Persoal do CunkCafé da Ponte do Porto ataviadas de negro Camariñas centra nos establecementos hostaleiros do municipio, que están a tinguir os seus espazos de negro coa cartelería aportada polo Concello. Pero ademais este venres 23 de novembro, levará a cabo unha manifestación en cada centro educativo da contorna. Ás 11:00 da mañá terá lugar no CEIP Ponte do Porto, ás 12:45 no IES Plurilingüe Pedra da Aguia e finalmente no CEIP O Areal ás 13:30.  

#Vimianzoennegro

Concello de Vimianzo xa en negro O Concello de Vimianzo xa está en negro Os negocios xa están tinguidos de negro en Vimianzo, que centra a actividade na concentración do venres 23 de novembro na praza do Concello ás 12:00h e lectura do manifesto. Pero ademais, do 15 ao 22 de decembro, de 10:00 a 14:00h hai un curso de defensa persoal e autocapacidades para mulleres.  

#Carnotaennegro

A acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas tamén chega a Carnota que pide a toda a veciñanza (casa, tenda, comercio, empresa, bar, local, etc,) que se tinga de negro.  

#Mazaricosennegro

Mazaricos celebra o #25N cunha concentración e lectura de manifesto ataviados coas camisetas e material de en negro o venres 23 ás 12:00h, na Praza do Concello ou, se chove, nos soportais. Pero ademais hai unha exposicion da pintora Mercedes Carrillo Núñez na Casa da Cultura tamén enmarcada no programa.  

#Fisterraennegro

Os comercios están xa recollendo material para poñer de negro nos escaparates. Ademais, o acto principal realizaráse cos centros de ensino, durante a mañá do venres, se non chove na Praza do Concello e se chove no pavillón.  

Novas relacionadas

“Novembro en negro na Galería Mulleres coa Nóbel da Paz Nadia Murab” — Que pasa na costa https://quepasanacosta.gal/no-momento-no-que-tomas-consciencia-de-que-estas-sendo-vitima-da-violencia-machista-a-saida-esta-en-solicitar-apoio/

Programas do 25N 2018

Novas do ano pasado

“A Costa da Morte colgouse o cartel de Espazo Libre de Violencias Machistas” — Que pasa na costa “#8demarzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza ca nunca” — Que pasa na costa “Como secunda a Costa da Morte a folga feminista?” — Que pasa na costa

Comentarios