Venres. 04.10.2024
El tiempo

"A completa cidadanía das persoas con diversidade funcional pasar pola normalización familiar, educativa e laboral"

"A completa cidadanía das persoas con diversidade funcional pasar pola normalización familiar, educativa e laboral"
Xornada Internacional das Persoas con Diversidade Funcional en Integro

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional. E como non podía ser doutro xeito, o Centro de Recursos de Íntegro, en Cabana, tiña sesión especial. Eran as xornadas "Falando en Presente, Diversidade e Alternativas", que foron inauguradas pola deputada provincial Zaira Rodríguez, polo alcalde de Cabana de Bergantiños José Muiño e polo presidente da asociación, Adolfo López.

Unha cita que serviu para facer unha reflexión sobre a situación actual das persoas con diversidade funcional en tres áreas fundamentais na vida das persoas: comunitaria, educativa e laboral.

No marco do segundo plan estratéxico da asociación, están decididos a traballar pola visibilización das persoas con diversidade funcional como método para garantir a súa plena inclusión na sociedade, en todos os ámbitos: familia, comunidade e como non na escola e no mundo laboral. Teñen claro que "é imposible acadar a plena cidadanía das persoas con diversidade funcional se non se normaliza a súa presenza en todas as áreas de socialización da persoa", como nos conta María Paz.

Inclusión en tempos de crise

Na mañá de hoxe fíxose unha reflexión, importante do momento no que nos toca vivir, sobre o papel que xoga o colectivo con diversidade funcional no marco do cambio social que se percibe necesario. Estamos a pasar por unha grande crise social e económica na que se está a desmantelar o sistema de benestar e no que, as persoas, atopan grandísimas barreiras para exercer tanto os seus dereitos como os seus deberes.

Precisamente por iso Íntegro organizou dita xornada, para analizar a situación laboral actual da nosa bisbarra, especialmente do acceso ao mundo laboral das persoas con diversidade, de como estas poden converterse en emprendedores, das axudas ás que poden acceder, e dos servizos que poden utilizar a través do SIL (servizo de integración laboral) da COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

En relación ao emprendemento no contexto actual incidiuse tamén, na importancia de contar cunha boa formación, ademais de con boas ideas, e , por outra parte tamén se fixo un repaso da lei de dependecia ao tempo que se abordou as dificultades que as persoas, especialmente no rural, van a atopar para dar solución a aquelas problemáticas que antes se resolvían nos servizos sociais do concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios