Venres. 13.09.2024
El tiempo

A galería das bancadas costeiras en Riazor

A galería das bancadas costeiras en Riazor
Costa da Morte en Riazor

Esta fin de semana vivimos o ascenso do Deportivo en primeira persoa. Aló estivo o equipo de Deportes de QPC, con Jorge Parri á cabeza a pé de pista. E non perdeu ollo o fotógrafo máis famoso da Costa da Morte. Alá por banda que arrincaba, as mans e os berros de as bancadas escoitábanse: “Parriiiiiiii!!!”. E aló arriba, un costeiro en Riazor, demostrando que a bisbarra sobrevive ás cores merengues e blaugranas.

Non só nas bancadas había costeiros, pois as dúas voces do deporte nas emisoras máis escoitadas por todo o deportivismo, teñen acento (aglo camuflado xa) da Costa da Morte. E son Marco Antonio Sande, corcubionés e voz da Cope Galicia Deportes, e Fran Hermida, responsable da Radio Coruña-Cadena Ser. Con eles estivo Parri sobre o céspede a pé de campo.

Marco Antonio Sande Fran Hermida

Esta é a espectacular Galería, con máis de 70 fotos sobre os siareiros costeiros que estiveron en Riazor. Cabana, Camariñas, Buño, Corme, Cee, Corcubión, Muxía, Baíñas, Vimianzo, Ameixenda, Ponte do Porto, Lira, Camelle, Louro, Lariño, Esteiro, Fisterra, Carnota, Verdillo, Cerqueda, Carballo, Dumbría... Non faltou representación algunha!

E unha que pillaron os compañeiros de Riazor.org:

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios