Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Verdillo tamén é branquiazul

Verdillo tamén é branquiazul
Estrea da Pena Deportivista de Verdillo

Xa son 21 as peñas Deportivistas na Costa da Morte. E moita falta que fan nesta bisbarra onde as cores merengues e blaugranas están demasiado espalladas. Onte tiña lugar a inauguración da Peña Deportivista de Verdillo, Carballo. O Bar Manolo de Lisa acollía esta sempre especial cita, á que acodían invitados Seoane e do cancerbeiro Germán Lux, pois se ben estaba previsto que viñese Alex Bergantiños un asunto familiar impediullo.

Como nos conta a Secretaria da Peña, Vanessa Viña Mato, os xogadores portáronse xenial ca xente, non tuveron problema ningún en firmar autógrafos e sacar fotos. E iso que foron unhas 90 persoas as que ateigaron o bar e disfrutaron dos pinchos branquiazuis.

Tiveron boas palabras os xogadores, pero os nervos atenazaron aos protagonistas locais. Veni e Carlos foron os encargados de levar a cabo a presentación, se ben o momento máis intenso da noite foi cando o presi, Jaime Cotelo Pombo, tomou a palabra e a emoción invadiuno.

Veni e Carlos foron os presentadores da estrea da Pena Deportivsta de Verdillo Directiva da Pena Deportivista de Verdillo con Seoane e Lux

Felicitamos pois á Directiva por embarcase nun proxecto así. Aos Jaime Cotelo Pombo, presidente; Antonio Mato Pombo, vicepresidente; Vanessa Viña Mato, secretaria; Sheila Loureiro Torres, tesoureira; eos vocais José Pereiro Muíño, Marcos Cancela Cotelo e Sara Fuentefría Viña. A entidade xa conta con 75 socios, e medrando, como a febre deportivista pola comarca de Bergantiños.

Unha demostración do poder da marea branquiazul, que mesmo en 2ª División ve crecer a súa parroquia.

Ambientazo branquiazul no Bar Manolo de Lisa para a estrea da Pena Deportivista de Verdillo Cartel e logo da Pena Deportivista de Verdillo

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Fotos cedidas pola Peña Deportivista de Verdillo, de Vanessa Viña Mato.

Comentarios