A noite das estrellas do Fútbol da Costa
Menuda alegría abrir o Facebook e atopar ducias de fotos dos cromos da Costa de todas as partes da bisbarra. Onte foi o gran día, o día de presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa. Un verdadeiro pracer servir de punto de encontro para clubes chegados dende toda a volta. Foi moi agradable atoparmos con máis de 150 persoas chegadas de Outes, Esteiro, Muros, Carnota, Cee, Fisterra, Carballo, Corme, Baio, Malpica, Coristanco, Zas, Cerqueda, Vimianzo... E por suposto de Santa Comba.
Foi a vila xalleira a que nos acolleu para este evento e temos que agradecer a colaboración do Concello de Santa Comba, e particularmente dos José, Huelvis e Manuel, volcados coa gala, ademais da xente de Protección Civil. E temos que loubar a interesantísima exposición que artellaron sobre a historia do fútbol xalleiro.
E comeza a Gala
Arrincaba a gala cas luces baixadas e o vídeo de promoción que nos brindou Ghillermo Méndez. Continou da man dunha Mónica Martínez moi vencellada ao fútbol costeiro. Natural de Zas, Mónica sempre un pé no noso fútbol e o demostrou cunha profesionalidade, elegancia e entusiasmo que tamén temos que agradecer.
"Esto é o Fútbol da Costa"
Foi Ubaldo Cerqueiro o que tomou o relevo para explicar como chegamos na nosa bisbarra a ter un Álbum de Cromos. Comezou a súa explicación aproveitando que todos os axentes implicados estaban presentes, para solicitar un pouco máis de atención á nosa bisbarra por parte da Federación, con aquelo de "Esto é o Fútbol da Costa". Pero tamén tivo palabras para os clubes, solicitando máis unión.
Fixo un repaso pola evolución mediática na Costa, arrincando dende un especial do Ideal Gallego do 1974; pasando polo libro da "Historia do Baio e da Liga da Costa" do 1989 de Lema Suárez, e polos que veñen de camiño; pasando pola repercusión radiofónica que nos levou ata ter 3 emisoras retransmitindo en directo unha final da Copa da Costa; e rematando na rede, e repasando todas as webs e blogs que a día de hoxe falan do noso fútbol.
Falou tamén da evolución de QPC e pasou a explicar como nace o Álbum de Cromos, gracias ao traballo da familia de Deportes de QPC, e mais das ducias de colaboradores que facedes posible que cheguemos cada fin de semana a todos os campos da Costa. Gracias a todos vós!
Rematou Ubaldo repasando os detalles técnicos do Álbum que podedes atopar en quepasanacosta.gal/album.
Bromas e charlas
Que enxeño teñen os Míchel e Damián, da Cherinkas. Tremendos os xogos lingüínticos que inventan para facer dúas impresionantes parodias do deporte rei. O "Cromoñón" en todo o seu esplendor e a retransmisión subida de ton fixeron que os espectadores se botasen unhas risas (esperamos traelos en vídeo). Un auténtico luxo poder contar con eles a cada evento de QPC, e moitos xa os lembraban do Encontro de Colaboradores QPC de 2011.
E de seguido foron Manuel Varela e David Vidal os que subiron á mesa para charlar un pouco con Mónica moderando. E xa tivo que moderar, porque depois de que Varela, como membro do grupo promotor do proxecto explicase como está sendo a resposta, David Vidal, como era de esperar viaxou de Ponteceso, onde xogou antes de chegar ao Fabril, ata Cádiz. Tremendamente interesante a charla de Vidal, falando de aspectos tácticos e facendo referencia ao adestramento realizado coas categorías inferiores do XSC pola tarde en Fontenla.
Carrusel Deportivo coa APP "Fútbol da Costa"
Foi Jorge Parri, nervioso coma un flan, o que subiu ao escenario para anunciar a sorpresa da Gala: a creación, gracias a Tesla Technologies da Aplicación para Teléfonos Móbiles "Fútbol da Costa". Con ela, e gracias á vosa colaboración enviándonos todos os goles, poderemos seguir, a partir da vindeira semana, os partidos en tempo real. Estade atentos ao longo da semana.
Máis cromos
E a resposta está sendo espectacular. Xa se acabaron a primeira tanda de cromos en puntos como Outes, Muros, Fisterra, ou Camelle. Faremos un especial dos puntos de venda, aos que temos que agradecer a súa disposición exemplar.
Esperamos que esta semana volver facer unha batida deixando máis álbumes e máis sobres nos puntos de venda.
Agradecimentos
A verdade é que a Gala foi todo un éxito. E para isto temos que amosar o nos gran agradecimento ao Concello de Santa Comba, ás azafatas, grandes animadoras do fútbol da Costa que nos axudaron a desenvolver a gala e na venda dos cromos, e, como non, aos Patrocinadores, que fixeron posible este proxecto.
E mentres esperamos polas fotos do bo de Jorge Parri (completaremos esta mesma nova e incluiremos varias galerías a través do Facebook do Fútbol da Costa, queremos darvos as gracias a todos.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
- Un sábado con David Vidal.
- A Gala de presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa.
- quepasanacosta.gal/album.
Artigos relacionados
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).