Venres. 20.09.2024
El tiempo

A previa dos plenos de investidura

A previa dos plenos de investidura
Simil dos pactos municipas para Hermanager Humor Chega o día de investidura dos gobernos municipais. Os Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte deixa un panorama con 10 concellos nos que xa temos alcalde, dadas as maiorías absolutas colleitadas, 5 do BNG, 3 do PSdG e 2 do PP. Pero noutros 8 Concellos, como vimos contado, a situación depende de posibles pactos ou rematará con gobernos en minoría das forzas máis votadas. 3 xa practicamente están asinados pero noutros 5 pode pasar de todo. Case coma o tetris están facendo algúns...

10 alcaldes con maioría absoluta

  • José Muíño (PP) en Cabana;
  • Manuel Valeriano Alonso, Pichurri (PSdG) en Camariñas;
  • Evencio Ferrero (BNG) en Carballo;
  • Ramón Noceda (BNG) en Carnota;
  • José Manuel Pequeño (PSdG) en Dumbría;
  • Eduardo Parga (PP) en Malpica;
  • Juan José Blanco (BNG) en Mazaricos;
  • Félix Porto (PSdG) en Muxía;
  • Manuel Antelo (BNG) en Vimianzo;
  • Lolo Muíño (BNG) en Zas.

3 pactos practicamente asinados

Pacto de investidura, por agora, en Coristanco

Esperan os veciños de Coristanco o acordo entre Terra Galega con PSdG e BNG consiga cambiar o eterno goberno do imputado Pensado Plágaro. Son as Asembleas de BNG e PSOE os que terán que decidir polos seus dous edís, despois de un par de reunións, para decidir se efectivamente invisten a Amancio Lavandeira como novo alcalde. Xa tiveron as primeiras roldas de contacto e parece que hai acordo a investidura, pero aínda non hai propostas claras para formar goberno.

Cambio de cor con pacto en Fisterra

Máis que asinado está o pacto entre PSdG e BNG que cambiará de cor Fisterra, despois de moitos anos de goberno do PP. Pepe Marcote, tras varios anos nunha silenciosa oposición, será o novo alcalde fisterrán. E así o confirmaron na tarde de hoxe, 11 de xuño, nun comunicado conxunto entre ambas formacións políticas.

Pacto a 3 en Ponteceso

Xa contamos que APIN-SON e BNG garantirán a investidura de Lois Carballido, do PSdG, como novo alcalde de Ponteceso.

5 Concellos pendentes de pactos ou gobernos en minoría

Que pasará en Cee?

Ata os propios protagonistas nos dixeron que en Cee podería pasar de todo, “ata o último suspiro nada se saberá”. O máis probable é que goberne IxCee en minoría, como forza máis votada, unha vez que PSdG e BNG levan asegurando que se votarán a si mesmos. O PSdG sería necesario para calquera pacto, pois o posible acordo entre PP (4 edís) e Ciudadanos (1) non chegaría para a maioría.

36 votos deciden en Corcubión

Cada edil está moi caro en Corcubión. E moi valioso o que acadou José Ramón Rojo co seu PACor, para meterse no pleno, e evitar calquera maioría. O máis probable é que a forza máis votada, o PSdG por 36 votos, siga gobernando en minoría, desta volta con Lalo Insua de alcalde trala renuncia de Francisco Lema, Chisco. O grupo socialista ten 3 edís, coma o BNG, polos 2 do PP e o de PACor.

O BNG apoia ao PSdeG en Laxe

Esta mañá, o BNG de Laxe emitiu un comunicado de prensa no que recoñece que apoiará ao PSOE sempre e cando haxa unha única dedicación exclusiva e dúas parcias. O grupo socialista é partidario de que as dedicacións sexan dúas. Así que teremos que esperar ata o sábado para saber se Castiñeira Mouzo goberna en Laxe co apoio do BNG.

Que pasa en Muros?

CxG puxo enriba da mesa as súas condicións para formar goberno. O PSdeG débeas de aceptar antes do venres, 12 de xuño, ante notario.

Haberá pacto finalmente en Santa Comba?

Parece que as posturas de PSdG e TeGa, de José Antonio Ucha Velo e Chisco Ameijeiras, vanse achegando para investir ao primeiro como novo alcalde de Santa Comba. Haberá que estar atentos ata o último momento. As sensacións son moi positivas por bando do PSdG pois ademais o 13 cae en San Antonio, se ben TEGA nun principio pedía a alcaldía, a un e outro partido, pero está pendente de contactar coa militancia para decidir.

Novas das Eleccións #24M

Fonte

Comentarios