A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados

11:49 07/09/17

MÁIS INFORMACIÓN
Precisamente a falta de información e a opacidade destes proxectos é a que nos leva a comezar unha lista de reportaxes sobre os eólicos, que hoxe comezamos dende Corme. Neste caso, o asunto que está preocupando aos propietarios dos montes afectados é a renovación dos contratos. Uns contratios asunados en 2002 e que tiñan unha vixencia de 25 anos, pero que a día de hoxe a empresa quere modificar. A modificación máis importante é que inclúe unha rebaixa do 4% ao 2,5% da facturación anual do parque. De aí que moitos veciños se prantexen a posibilidade de non asinar as renovacións e esixir que se manteña o contrato ata o seu remate, e que en 2027 negocien de novo. Segundo os peritos da propia empresa, “ao final de ano, os propietarios que sigan estando afectados van andar cobrando o mesmo en termos absolutos”, sinalan, incidindo en que ao ser menos superficie e menos propietarios, o reparto vai repercutir máis ou menos no mesmo.U-lo Fondo de Compensación Ambiental?
A repotenciación inclúe importantes cambios na superficie ocupada. Hai xente que antes non estaba afectada e agora si; hai xente que antes lle collían máis terreo que agora; pero tamén hai veciños que quedan fóra. De feito, so uns 70 propietarios que estaban cobrando algo, agora van deixar de cobrar. Aquí vén outras das problemáticas do peche da actividade. Segundo sinala a propia empresa, a devolución de terreos non obriga ás empresas a eliminar por completo os mazacotes de formigón que serven de base para as 63 máquinas que agora desaparecen. A empresa só terá que picar 50cm de formigón, deixando varios metros de cemento debaixo da terra, facendoo aínda menos produtivo e co perigo aínda por riba de que o Seprona poderíache acabar denunciando. Sinalan que precisamente para estas cousas deberían estar o Fondo de Compensación Ambiental que a día de hoxe se utiliza para instacións solares, nos sistemas de abastecemento de augas ou na limpeza de camiñosPrazos
Agora os veciños teñen, en teoría, ata o día 15 de setembro para asinar os novos contratos. Os que non se firmen nesta data serán publicados no DOG cando saia a correspondente Declaración de Utilidade Pública, algo que segundo o perito Roberto Lema non causaría problema ningún aos afectados. De feito, aí xa estaría como o interlocutor a Xunta, o que daría aínda máis garantías ao proceso negociador. Por estas cousas, varios asesoras invitan aos veciños a non asinar e seguir negociando neste proceso que aínda ten de prazo algo máis de ano e medio para executarse. Preparados deben estar tamén os propietarios do parque do Pico de Meda, en Zas, pois parece ser que en breve chegarán cartas semellantes para levar a cabo a repotenciación.Novas relacionadas
- Setembro 2017: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 2017: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: En Marea oponse aos parques eólicos de Cabana e Laxe.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: Fotodesfeita: Pintadas non.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 2017: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un Castelo medieval contra a invasión dos viraventos.
- Febreiro 2016: O Catálogo da Paisaxe abre o prazo de alegacións e alonxa aos eólicos de Laxe.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
Outras novas eólicas
- Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).