A Torre da Penela, outro BIC costeiro en venda


Caso aparte merece a falta de apertura dos Bens de Interese Cultural na Costa da Morte. O eterno peche do Castelo de Ameixenda, ou das Torres de Cereixo poñen de manifesto que estes edificios históricos deberían estar en mans comprometidas. Pero a realidade é que o están en mans de propietarios privados que pouco fan pola posta en valor do noso patrimonio.
O último exemplo vémolo no lugar de Rioboo, na parroquia de Silvarredonda, en Cabana, onde está a venda unha das máis descoñecidas torres medievais de Galicia: Castelo da Penela ou Torre da Penela. Un pazo comido polas silveiras dende hai anos polo eterno abandono. De feito, a torre principal está a piques de caer, despois de caer o tellado hai xa 3 anos.
Mentres o concello negocia cos propietarios unha cesión por 30 anos a cambio da súa rehabilitación, estes xa puxeron á venda para ver quen é o mellor postor.
Os compañeiros de historiadegalicia.gal contan o pasado da torre cabanesa polo miúdo.
Fonte e máis información
Novas relacionadas
- BNG e Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe levan a apertura do BIC á Valedora do Pobo.
- 2017: As Torres de Mens, un BIC que abre as súas portas.
- 4 Bens Culturais da Costa da Morte na Lista Vermella do Patrimonio Galego.
- Xosé María Lema Suárez: A vergonza do abandono, entre toxos e silvas, de catorce dólmens declarados BIC pola Xunta.
- Véndese Pazo e Castelo.