Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Accidente laboral en Cabana nas obras da Autovía

Accidente laboral en Cabana nas obras da Autovía

Seguen sendo os sucesos novas de alcance nestas últimas datas. Se os accidentes de tráfico van camiño de triste marca, en materia de siniestralidade laboral parece que recuperamos os malos tempos. Hai un par de semana dabamos contas dun grave accidente nas obras do Porto de Sardiñeiro, e hoxe informamos doutro suceso nas obras da Autovía.

Segundo apunta o 112, unha arqueóloga, natural da Coruña, que traballaba nas obras da Autovía da Costa da Morte, cravou unha varilla nun muslo. O suceso, que tiña lugar arredor das 16:00h, aconteceu no lugar de Campelos, na Piolla, na parroquia de Nantón, Cabana de Bergantiños.

A arqueóloga foi trasladada o máis rápido posible ao Hospital da Coruña en ambulancia, xa que por mor da néboa o helicóptero non puido achegarse á zona.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas, Garda Civil, e Protección Civil de Cabana de Bergantiños.

Novas relacionadas

Comentarios