Xoves. 25.04.2024
El tiempo

ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz

ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz

Esta semana trouxo novidades sobre a mina de ouro de Corcoesto, que avanza superando obstáculos coa axuda das administracións. E se ben Verdegaia xa amosou o seu total rexeitamento ao proxecto, outro dos colectivos ecoloxistas de referencia, Adega, aínda non se manifestara.

E quere clarexar hoxe a entidade a súa postura, unha vez que La Voz de Galicia Edición Carballo afirmou en que "non se opón" ao proxecto. Sese sentido ADEGA "lamenta a utilización interesada que, ben dende a empresa Edgewater Mining Co., ben dende o xornal La Voz de Galicia, fíxose da boa vontade da nosa organización". Así, "e polo que respeita ao xornal LVG, este caso confirma outra volta os motivos polos que o seu editor recibíu o premio Dioxina 2010. Agora xa poden dicir que a actitude de ADEGA é hostil", explica a entidade.

Agardando informes para valorar

A entidade explica a súa postura: ADEGA non acostuma a posicionarse sobre esta ou calquera outra explotación, actividade ou infraestrutura sen coñecer o contido do proxecto técnico e o estudo de impacto ambiental. Para o caso do proxecto de Edgewater Mining Co. de abrir unha mina de ouro en Cabana de Bergantiños (explotación de Corcoesto) ningún destes documentos atópase a exposición pública.
Así, e como "aínda non se fixeron públicas e portanto, non poden ser convintemente avaliados" os termos de impacto.

En todo caso, ADEGA afirma que "realizaron, a petición da empresa, unha visita ás instalacións e ao lugar da explotación en setembro de 2011". Como consecuencia desta visita, ADEGA reiterou aos responsables do proxecto as súas "reticencias polo posible impacto paisaxístico da corta a ceo aberto (no canto de minaría soterrada), pola utilización de cianuro no proceso de extracción do ouro (no canto doutros métodos e substancias menos tóxicas), pola xestión das inmensas cantidades de estériles e pola posíbel afección ao río Anllóns, parte da Rede Natura".
Segundo Adega, "por parte de Edgewater Mining Co. díxose tomar nota das nosas preocupacións que tentarían recoller no proxecto definitivo e no estudo de impacto".

Así, a entidade ecoloxista asegurou que a súa "postura quedaría definitivamente reflectida no documento de alegacións que se apresentará cando a Xunta someta a exposición pública o proxecto definitivo e o estudo de impacto ambiental.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de ADEGA.

Comentarios