Xoves. 24.06.2021
El tiempo

Monte Agrelo e Muíño: Outro proxecto eólico sobre os montes de Cabana e Zas

Denuncian a tremenda “fragmentación do territorio polas infraestruturas eólicas entre os lugares”
Parques Eolicos entre Ponteceso e Camarinas copia
O Parque Eólico de Monte Agrelo e Muriños (MAM) estará escoltado polos de Monte Chan (CHME) e Pena dos Mouros (PM) por un lado; e polo de Bustelo e Baralláns polo outro
Monte Agrelo e Muíño: Outro proxecto eólico sobre os montes de Cabana e Zas

Orzar e Tornado; Monte Chan e Pena dos Mouros; Bustelo e Baralláns; Berdoias; Campelo, Bustelo e Monte Toural; Banzas; Maragouto; Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado; Salgueiras; Cerqueiral

Poderían ser fermosos nomes dos nosos singulares topónimos. Pero son ubicacións dos novos proxectos eólicos que están en fase de tramitación (aprobados en pleno confinamento e amparándose na recén aprobada Lei de Depredación industrial) á  na nosa xa castigada comarca. 17 parques que contabiizamos nas últimas semanas, gracias ás denuncias de veciñ@s e entidades que están atentos aos trámites burocráticos, xa que as administracións adolecen de transparencia e información para que a veciñanza saiba o que lle vén enriba.

Hoxe, Petón do Lobo descúbrenos outro proxecto en marcha, escoltado polos parques de Bustelo e Baralláns e de Monte Chan e Pena dos Mouros. Serán 6 aerexeneradores de case 200 metros de altura máxima, que dará 36MW de potencia. A área de implantación do parque localízase na zona situada entre as paraxes denominadas Monte de Cabana, Alto do Covelo, Pena da Santa, Castelo de Muriño e Castelo Pequeno. Os viraventos terán un “impacto severo”, segundo recoñece o propio documento de inicio aos lugares de Cabana, Iñaño, O Muriño, e Cundíns (a 500 metros); ou O Esmorís, O Piñeiro, A Margarida, Fornelos ou O Pombal (a apenas 1 km).

Pero dende Petón consideran o máis grave a “a fragmentación do territorio polas infraestruturas”. O propio documento recolle na primeira análise ambiental a “Excesiva fragmentación do territorio, dos hábitats, das paisaxes e a conseguinte perda de biodiversidade derivada doutros parques”.

Paralelamente é evidende “a afectación severa ás paisaxes”, modificando a vista dende a meirande parte de miradoiros da comarca, como o Alto da Fernandiña, o Monte Branco, a Capela Nosa Señora do Faro, San Bartolo, Pico de Meda, Monte Neme.

O proxecto ten compartida a Liña Aérea de evacuación 220 kV co p.e. Bustelo e Barallán.

Unha zona manida

Cando falamos de que a comarca está xa invadida de viraventos, referímonos, por exemplo, aos parques eólicos que xa están agora mesmo en funcionamento nesa mesma zona:

  • PE de Mouriños, de 4 aereoxeneradores, a 1 km cara o leste.
  • PE Pena Forcada Catasol II, a 5km cara o leste.
  • PE de Silvaredonda de 13 aeroxeradores que se atopa 4,2 km ao leste.
  • PE de Fontesilva con 12 aeroxeradores a 10 km aproximadamente ao sueste.
  • PE Zas de 80 aeroxeradores que se atopa a un 9 Km ao sur.
  • PE O Barrigoso de 2 aeroxeradores, a 7 km aproximadamente ao suroeste.
  • PE Monte Redondo de 66 aeroxeradores, a 9,6 km cara o suroeste.
  • PE de Corme con 61 aeroxeradores a unha distancia aproximada de 7,8 km cara o norte.
  • PE Malpica a un 9,4 km cara o norte con 65 aeroxeradores.

Novas sobre os eólicos

comentarios