Luns. 09.09.2024
El tiempo

Amplían a Unidade de Saúde Bucodental de Carballo

Amplían a Unidade de Saúde Bucodental de Carballo
Unidade de Saude Bucodental en Carballo

A pasada semana a CIG criticaba que a Area Sanitaria da Coruña discrimina a área de Bergantiños. Esta semana, a Xerencia Xestion Integrada da área da Coruña, ademais de asegurarnos que “non existe tal discrimación”, informa da nova dotación da unidade de saúde bucodental de Carballo.

Unha Unidade que, segundo o rexistro de actividade correspondente a xaneiro-xuño de 2014, realizou máis de 56.000 consultas (1.333 actos de obturacións e 3.145 cirurxías).

I é que a partir de hoxe, amplíase a dotación odontolóxica na Unidade de Saúde Bucodental de Carballo. Esta ampliación permitirá incrementar a actividade asistencial e a accesibilidade ao programa de Saúde Bucodental a máis de 74.000 usuarios, dos que preto de 8.000 están en idade pediátrica. Usuarias e usuarios dos Centros de Saúde de Cesullas, Carballo, A silva, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica, Ponteceso e Zas.

Deste xeito, cada Unidade de Saúde Bucodental, composta por dous odontólogos e dous hixienistas, contará cun equipo completo.

A unidade realiza, entre outras tarefas, a atención sanitaria bucodental ás mulleres embarazadas, maiores e persoas con minusvalías. Xunto con isto, lévanse a cabo nela as novas prestacións para a poboación infantil a través do seu programa de saúde bucodental, que abrangue medidas preventivas e asistenciais tales como a aplicación do flúor tópico, obturacións, diagnóstico de moloclusión ou selado de fisuras, entre outras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xestora da Área Sanitaria da Coruña.

Comentarios