mércores. 11.12.2024
El tiempo

Arte en Dombate contra as violencias

Danza no Dolmen de Dombate contra o 25N
Clara Ferrao e Nuria Sotelo realizando o seu espectáculo de danza
Arte en Dombate contra as violencias

O Concello de Cabana de Bergantiños conmemorou este serán o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun acto celebrado no emblemático Dolmen de Dombate, onde a cultura xogou un papel protagonista.

25N No Dolmen de Dombate

As persoas asistentes desfrutaron das artes escénicas de Clara Ferrao e Nuria Sotelo, así como do arte combativo de Laura Tova, que actualmente expón a súa obra no propio centro arqueolóxico.

A veciñanza de Cabana estivo representada pola agrupación local O Son do Castro, a poeta Matilde Vilariño, a Escola Municipal de Teatro e a actriz Anabel Castiñeiras Romero.

A poeta Matilde Vilarino no Dolmen de Dombate
A poeta Matilde Vilarino no Dolmen de Dombate

O broche final ao acto púxoo o concerto de Guadi Galego, que, coa súa música, deu voz a unha loita social coa que o Concello de Cabana reafirma o seu compromiso constante e decidido.

Guadi Galego no Dolmen de Dombate polo 25N
Guadi Galego no Dolmen de Dombate polo 25N

Máis novas do 25N

Comentarios