As ANPAS da Costa da Morte din Non o Inglés Privado nos Colexios
09:15 31/08/13
A Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria ven de sacar a licitación una oferta de 300 mil euros para a contratación dunha empresa que se engargue de organizar e realizar cursos de Inglés nos Centros Educativos en horario lectivo, con todo isto o que se faia e continuar con un proceso de Privatización do ensino Público. Mentras tanto o profesorado especializado nesta materia segue a espera dunha chamada por parte da Conselleria para poder impartir a clases de Inglés nos Centros que os designen.
Ante estos feitos a Federación de ANPAS da Costa da Morte pon de manifesto e rexeita esta situación, e rexeita este mal gasto dos cartos públicos, a contratación privada para o ensino do Inglés e a deixadez por parte da Conselleria a hora de contratar os docentes que seguen a espera desa chamada para este novo ano. As Anpas danlle una serie de recomendacións a Conselleria a hora de poder invertir eses cartos que van dar para a contratación dunha empresa privada para realizar as clases de Inglés. Algunhas desas premisas que lles suxiren podrían ser, o posible Aumento do profesorado, a non eliminación de rutas escolares, tomando medidas para evitar a Lomce, os libros de Texto gratuitos,etc…
Estas é outras posibles solucións serían bastante mellores para solucionar o Ensino Público, que a da contratación dunha empresa privada para dar clases de Inglés en Centros Públicos. As Anpas da Costa da Morte, prestanse a colaborar ca Conselleria a hora de buscar solucións para un Ensino Público Axeitado nos nosos centros.