As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos
Precisamente o pleno de Fisterra aprobaba onte unha moción (das 4 aprobadas presentadas polo BNG) pola que o Concello vai solicitar á Xunta de Galicia que "cumpra cos prazos de execución da Autovía da Costa da Morte (maio de 2013) garantindo, asemade, que sexa libre de peaxe".
Esta esixencia chega o mesmo día que a Xunta anuncia a volta ao traballo das máquinas (tras case 2 meses de parálise no que ata houbo roubos de gasolina nas máquinas). Pero aquí volvemos ter un conflito de prazaos, pois se dende o BNG entenden que o prazo inicial era maio de 2013, nós temos apuntado dunha nota de prensa de setembro do ano pasado conforme o treito Carballo-Berdoias estará en funcionamento en agosto de 2013, a Xunta sitúa o seu remate "no segundo semestre de 2013".
Retrasos
A Xunta destacou que "a concesionaria é a que marca o ritmo de execución e, nunha concesión poden existir diferentes ritmos de avance nas obras, pero é a concesionaria a máxima interesada en rematar as obras xa que, como sabe, non empeza a cobrar por parte da Xunta de Galicia a contraprestación polo canon de dispoñibilidade ata que remate e poña en servizo as obras”.
"Ata o de agora, a concesionaria non deu motivos para que non se podan rematar as obras, senón todo o contrario, a concesionaria mostrou e está a mostrar un compromiso total para o remate das obras no prazo previsto", sinalaron, trala parálise deses 2 meses por problemas financieiros da empresa.
Así, e unha vez retomadas o ritmo das obras, durante este mes de xuño está previsto que os traballos de execución de obra se concentren fundamentalmente no treito entre Carballo e Augalada. "A estas alturas os movementos de terras xa están nun 48%", afirmaba.
Novos achádegos arqueolóxicos
Se onte xa coñeciamos o poboado calcolítico que quedará afogado polo asfalto a altura de Baio, informan hoxe que houbo un novo achádego na Piolla, en Nantón, Cabana. Segundo informan, tiveron que establecer a área de cautela arqueolóxica que requiriu o tratamento de escavación de xacemento arqueolóxico. En concreto, isto levouse a cabo no punto quilométrico 15+600.
Novas relacionadas
- Un poboado calcolítico afogado polo asfalto.
- Sorprendidos dous muxiáns roubando gasoil nas obras da Autovía.
- 24-04-12: O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
- 28-11-11: De Cee a Fisterra en 3 minutos pola VAC.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.