Martes. 07.05.2024
El tiempo

As parroquias cabanesas de Neaño e Mata disfrutaron cos tres cabuxiños

As parroquias cabanesas de Neaño e Mata disfrutaron cos tres cabuxiños

O pasado sábado 7 de maio a comitiva itinerante das Letras acudiu o local social de Neaño. Coma no resto das xornadas, comezouse cun recitado cívico do cancioneiro popular da parroquia de Cesullas a cargo de pais e nais do alumnado da Escola de Teatro.

Durante o mesmo puidéronse escoltar varias coplas recollidas polo músico coruñés Pablo Díaz ó Jay Jay e a súa dona. Despois, o alumnado da Escola Municipal de Teatro representou Uns nenos un pouco rabudos e A princesa Amanda e Leonardo, o Poeta.
Tras a representación, Silvia Losada entregoulles ós actores e actrices o diploma de participación neste curso escolar de teatro. Por último, Xosé Manuel Varela realizou un Obradoiro de coplas populares moi animado e que contou coa presenza do poeta e músico popular Plácido Vigueret Villar.

Na xornada do domingo 8 a actividade desprazouse á localidade da Mata. Comezou cun pequeno retraso debido á coincidencia do enterro dun coñecido veciño do lugar. Principiaron, os veciños e veciñas cunha lectura moi animosa dun completo abano de coplas do lugar da Mata. Despois, nenos e nenas de Nantón e A Mata subiron ás táboas as obras A maldición da bruxa e Os tres cabuxiños. Por último, Javier Lozano descubriulles ós asistentes recursos turísticos do concello de Cabana que aparecen no CD No confín dos verdes castros do que é autor Xosé Manuel Varela. A organización agasallou a cada familia asistente cun exemplar deste CD turístico.

Próximas citas

As próximas citas terán lugar esta fin de semana nos locais sociais das parroquias de Borneiro e Canduas a partir das seis da tarde. En Borneiro lerase unha folla voandeira con coplas do cancioneiro desta parroquia, representaranse as obras María e Manuela xa son maiores e A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella e Ángel Eiroa Pose ofrecerá unha disertación audiovisual sobre os Bens de Interese Cultural de Cabana de Bergantiños. En Canduas tamén se recitará o seu cancioneiro, ademais de representarse a obra O xuíz dos divorcios e desenvolver un obradoiro e exposición de pintura a cargo de Teresa Martínez Collazo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.

Comentarios