Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Bob Esponja inaugurou en Corcoesto o programa das Letras Galegas de Cabana

Bob Esponja inaugurou en Corcoesto o programa das Letras Galegas de Cabana

O local social de Corcoesto acolleu a xornada inaugural do programa das Letras Galegas en Cabana de Bergantiños o pasado domingo 1 de maio. A actividade comezou cun cun recitado cívico do cancioneiro popular da parroquia de Corcoesto a cargo de nais do alumnado da Escola Municipal de Teatro e de voluntarios de distinta idade.

A continuación a Escola Municipal de Teatro representou dúas pequenas obras infantís: O país dos mandóns e Bob Esponja. Esta última foi subida ás táboas por parte do alumnado máis novo da escola. Por último, a profesora de lingua inglesa demostroulles ós asitentes que enchían o local social como se pode aprender unha lingua estranxeira de modo divertido nun Obradoiro de inglés a través das novas tecnoloxías. Para iso, reproduciu un audiovisual con cancións subtituladas dos debuxos animados de Bob Esponja.

Próxima cita

A próxima cita terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio e será no local social de Neaño. Comezará cun recitado cívico do cancioneiro popular da parroquia de Cesullas. A Escola Municipal de Teatro representará Uns nenos un pouco rabudos e A princesa Amanda e Leonardo, o Poeta e Xosé Manuel Varela realizará un Obradoiro de coplas populares.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.

Comentarios