Venres. 29.03.2024
El tiempo

As parroquias e as asociacións protagonizan o Nadal de Cabana

As parroquias e as asociacións protagonizan o Nadal de Cabana
Unha vez máis a programación do Concello de Cabana de Bergantiños brinda o papel de protagonistas ós distintos colectivos culturais do municipio para artellar un programa de Nadal que se achegará a todas e cada unha das parroquias. Para saber polo miúdo do extenso programa de actos, o Concello, coa colaboración da Deputación da Coruña, editou unha revista de 16 páxinas que se está remitindo desde hoxe a todas e cada unha das casas. A revista, que se titula Nadal 2011 Cabana de Bergantiños, ábrese cun saúda do Alcalde, da corporación municipal e dos traballadores do consitorio a toda a veciñanza cabanesa na que se lle desexa un Bo Nadal e un  Feliz 2012. A continuación, exponse de modo cronolóxico a programación que se desenvolverá ó longo de todo o mes ben organizada polo propio Concello ben por entidades do municipio. Todo este elenco de actividades está ilustrado con imaxes dos colectivos participantes. Na penúltima páxina da revista inclúese unha selección de 12 fotografías que recollen momentos de actividades realizadas ó longo de 2011 por distintos departamentos do Concello. A contraportada é un calendario do ano 2012 que converterá a revista nunha especie de guía de consulta para os cabaneses ó longo de todo o ano. Por último, no interior da revista e a modo de separata, publícanse tres cantos de Nadal que foron recollidos por Olga Kirk e Pablo Díaz nos lugares de Borneiro, Os Anles e Neaño e que forman parte dun libro titulado Cancioneiro de Cabana de Bergantiños que se publicará en meses vindeiros. As actividades que artellan este programa son un concerto infantil a cargo de Mamá Cabra, os Beléns Viventes, a Cabalgata de Reis en Tren, o Brinde do Alcalde cos Maiores, a Noite Máxica de Reis e un Certame de Corais. A primeira das actividades que organiza o Concello terá lugar ás 6 da tarde do 10 de decembro no Auditorio Municipal cun concerto de música infantil a cargo do grupo Mamá Cabra. Neste evento musical presentarán o seu novo espectáculo Xa me tardan estes Magos. A entrada será de balde para todo o público que queira asistir, mesmo de fóra do municipio. Os Beléns Viventes que percorrerán as distintas parroquias en distintos días presentan este ano a novidade de contar coa animación musical a cargo de varias corais do concello xunto con músicos da Escola de Música e actores da Escola de Teatro. Para o 18 de decembro programáronse os Beléns Viventes de Borneiro (ás 10.30) e Canduas (ás 11.30). Terán lugar nas igrexas parroquiais coa animación do alumnado da Escola Municipal de Teatro e da Coral San Martín de Canduas. O 24 de decembro celebraranse os Beléns Viventes de Riobó (5 da tarde) e Nantón (6 da tarde). A animación dos mesmos correrá a cargo do alumnado da  Escola Municipal de Teatro e de Música. O 25 de decembro os Beléns Viventes acudirán a Corcoesto (11.00) coa participación do alumnado da Escola de Teatro e a Coral de Corcoesto. Ás 12.00 repetirase na capela do Carme de Neaño e ás 13.00 na igrexa de Cesullas. Nestas dúas ocasións, a animación musical correrá a cargo da Coral de Cesullas. Neste 25 de decembro, tamén se organizarán Beléns Viventes en Anos e Cundíns a cargo de colectivos desas parroquias. O último Belén Vivente organizarao a Asociación Cultural Airiños de Nantón o 6 de xaneiro ás 5 da tarde diante da igrexa parroquial. A Cabalgata de Reis volverá a percorrer en tren todas as parroquias do concello. O percorrido efectuarase durante dous días. A primeira tanda comezará na tarde do 5 de xaneiro desde as 15.30. O percorrido iniciarase na parada escolar da Silvarredonda e continuará por Corcoesto, Beres, O Esto, Cundíns, neaño e Cesullas. O día 6 de xaneiro a Cabalgata percorrerá desde as 11 da mañá os lugares de Borneiro, Canduas, Neaño, Anos e A Mata. As paradas efectuaranse nos seus espazos habituais. Na tarde-noite do 5 de xaneiro celebrarase desde as 5 da tarde no Pavillón e na Piscina Municipal a Noite Máxica de Reis coa chegada dos Reis Magos en tren, con inchables, con inchables e cunha gran gala de circo a cargo do colectivo Terractiva. O 1 de xaneiro o Sr. Alcalde celebrará a entrada no Aninovo cun brinde no Centro de Maiores de Neaño ó cal seguirá unha sesión de baile a cargo do Dúo Principal no horario habitual. O Certame de Corais está organizado pola Coral de Cesullas e celebrarase o 8 de decembro, ás 6 da tarde, no Auditorio Municipal. Nel actuarán, á parte da anfitriona, outras corais de fóra do municipio. Esta actividade conta coa colaboración do Concello. _________________ O PROGRAMA DÍA A DÍA ________________
DATA HORA LUGAR ACTIVIDADE
8decembro 6 tarde Auditorio Municipal Certame de Corais organizado pola Coral de Cesullas.
10decembro 6 tarde Auditorio Municipal Concerto infantil a cargo de Mamá Cabra.
18decembro 10.30 Igrexa de Borneiro Belén Vivente coa Escola Municipal de Teatro e a Coral San Martín de Canduas.
11.30 Igrexa de Canduas Belén Vivente coa Escola Municipal de Teatro e a Coral San Martín de Canduas.
24decembro 5 tarde Igrexa de Riobó Belén Vivente coa Escola Municipal de Teatro e de Música.
6 tarde Igrexa de Nantón Belén Vivente coa Escola Municipal de Teatro e de Música.
25decembro 11.00 Igrexa de Corcoesto Belén Vivente coa Escola Municipal de Teatro e a Coral de Corcoesto.
12.00 Capela de Neaño Belén Vivente coa Escola Municipal de Teatro e a Coral de Cesullas.
12.30 Igrexa de Anos Belén Vivente organizado pola A.VV. San Esteban de Anos.
13.00 Igrexa de Cesullas Belén Vivente coa Escola Municipal de Teatro e a Coral de Cesullas.
13.30 Igrexa de Cundíns Belén Vivente.
1xaneiro Tarde Centro de Maiores Brinde do Sr. Alcalde cos maiores e baile de salón co Dúo Principal.
5 xaneiro 15.30 A Silvarredonda (parada) Cabalgata de Reis en tren.
16.00 Corcoesto (reitoral) Cabalgata de Reis en tren.
16.15 Corcoesto (Lugar Grande) Cabalgata de Reis en tren.
16.45 Beres (O Xastre) Cabalgata de Reis en tren.
17.15 O Esto (campo festa) Cabalgata de Reis en tren.
17.30 Cundíns (campo festa) Cabalgata de Reis en tren.
18.00 Neaño (Cento Día) Cabalgata de Reis en tren.
18.30 Cesullas (aparcadoiro igrexa) Cabalgata de Reis en tren.
Desde 17.00 Pavillón e Piscina Noite máxica de Reis con inchables e gran gala de circo.
6xaneiro 11.00 Borneiro (adro) Cabalgata de Reis en tren.
12.00 Canduas (adro) Cabalgata de Reis en tren.
12.30 Neaño (praza) Cabalgata de Reis en tren.
12.45 Anos (adro) Cabalgata de Reis en tren.
13.30 A Mata (bar Josefa) Cabalgata de Reis en tren.
5 tarde Igrexa de Nantón Belén Vivente organizado pola A.C. Airiños de Nantón.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Servizo Sociais do Concello de Cabana de Bergantiños, da man de Cristina Morandeira.

Comentarios