Axober achégase a Ponteceso a través da Automoción

É a automoción un sector chave para Ponteceso, debido en boa medida á formación especifica impartida no IES Eduardo Pondal. E é a automoción a primeira acción conxunta que van realizar a AXOBER e o Concello de Ponteceso.
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (AXOBER), en plena expansión, prepara xa un evento relacionado co sector da automoción, que terá lugar o vindeiro 15 de marzo no IES de Ponteceso. Esta iniciativa busca promover oportunidades laborais para as novas xeracións.
Porque existe unha preocupación existente pola dificultade de atopar relevo xeracional en sectores con estabilidade de emprego, como os talleres mecánicos e o transporte. Cómpre lembrar que os talleres representan o 5,6% do PIB en España, mentres que a construción supón o 6,9%. Pola súa parte, as empresas de transporte alcanzan o 4,4% do PIB. Desta maneira, os sectores implicados no evento do 15 de marzo representan conxuntamente o 10% do PIB do país, o que reflicte a súa importancia estratéxica tamén para a comarca de Bergantiños.
Se queres participar podes poñerte en contacto coa Axober (665 43 94 32 e info@axober.org) ou cubrir este formulario en liña.