Cabana celebra hoxe o Día da Poesía cun festival presentado por Óscar de Souto


O Cabana de Bergantiños segue apoiando ós poetas e artistas cabaneses. E un dos destacados é Óscar de Souto, ademais comprometido ca vila e ca comarca. Neste sentido, Óscar vai presentar un festival poético este mércores 21 de marzo, no Auditorio do Centro Cívico de Arteixo ás 20.30 horas. Trátase da II Edición Mistura, para celebrar o Día Internacional da Poesía.
Se Óscar será o presentador, o festival contará coa participación dos poetas Marco Madeira, Manolo Pombo, Carmen Corral, Begoña Picón, Lucía Vilches e Antón Borrazás.
Ademais terán a participación especial de “Azahar” Grupo Teatral, e das Lola González, Olga López e Abel García.
Antón Borrazás e Miguel Queipo terán tempo para presentar o seu libro “Versus” en concerto poético, coa colaboración de Pablo Seijas (música).
E non faltará a pintura da man de Javier de la Rosa, a danza de Cinderella, ou os apuntamentos na Dirección Xeral e Artística de Macanucci.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Cabana.