Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Cabana coida con actividades a maiores e pequenos por igual

Cabana coida con actividades a maiores e pequenos por igual

Maiores e pequenos. O Concello de Cabana vén de crear un completo programa de actividades enfocado tanto aos máis maiores como os máis pequenos.

Actividades para os maiores

O Concello de Cabana de Bergantiños, dentro do ciclo Outono do Patrimonio, elaborou un amplo catálogo de actividades coas que dinamizar gran parte dos días da semana no Centro de Maiores de Neaño. As distintas propostas baséanse no baile, na ximnasia, nas saídas culturais e no rescate da memoria local. 

Unha destas propostas xa deu comezo o pasado martes 4 de outubro. Trátase das sesións de Bailes de Salón para Maiores impartidas por Patricia Fariña Formigo e que teñen lugar todos os martes de 18.30 a 19.30 h. 

Este pasado luns 17 de outubro, de 19.45 a 20.45, comezaban as aulas de Ximnasia de Mantemento para Maiores. Impártense todos os luns e xoves. 

A cuarta actividade pretende recuperar as lembranzas dos vellos cines e as feiras da comarca mediante un coloquio moderado por Xosé Manuel Varela. Celebrarase o sábado 22 a partir das 17.00 h e toda a sesión será gravada en vídeo.  

Unha xornada un tanto especial será a do domingo 23 de outubro cando, a partir das 8 da tarde, se dea o pistoletazo de saída ó ciclo dos Bailes dos Domingos. A guinda desta apertura daraa o dúo Principal que está conformado polos músicos Manuel Fariña Negreira e por Mónica Barreira García. As sorpresas non rematará aí, dado que en domingos vindeiros acudirán a Neaño vellos primeiros espadas das grandes orquestras galegas como Miguel Torres, Tito Calviño ou Melchor, entre outros. As sesións de baile pecharán ás 10 e media da noite.

Dezanove nenos e nesas cabaneses traballan en coeducación con títeres e contos

Baixo o título de Contos e Títeres para a Coeducación, deu na mañá de hoxe sábado, un obradoiro de monicreques para cativos de tres a seis anos cunha alta participación de 19 inscritos. Esta xornada inaugural estivo marcada polo desenvolvemento de xogos de coñecemento para os que empregaron, entre outros materiais, globos do coñecido personaxe Bob Esponxa.

Aconden nenos e nenas das parroquias de Cesullas, Canduas e Borneiro. As sesión diríxeas Marta Sanz Lorenzo, monitora da empresa Senes Cit. O obradoiro impártese durante as mañás dos sábados 15, 22 e 29 de outubro e prolongarase durante os sábados 5 e 13 de novembro. A última sesión estará dedicada a representar un contacontos con títeres. As actividades de ensaio realízanse na planta baixa da Casa da Cultura en horario de 11 a 12.40 da mañá.

Os 19 inscritos no obradoiro son: Thais García Blanco, Yeray García Blanco, Natalie Antelo Santos, María del Carmen Varela Martínez, Manuel Lema Rivera, Lucía Romero Suárez, Lara Varela Rivera, Andrea Pastoriza Lema, Inés Eiroa Pose, Noa Eiroa Pose, Noé Eiroa Méndez, Brais Fontenla Lema, Noé Souto Pose, Hanny Zhyanhai Sousa Méndez, Guillermo Pastoriza Pose, Iria Rellán Cundíns, Enrique Ferreiro Fuentes, Roi Alborja Canto e Alexánder Costa Costa.

Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Concellería da Presidencia da Xunta de Galicia dentro do proxecto o “Fondo Social Europeo inviste no teu futuro”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cabana.

Comentarios