martes. 13.05.2025
El tiempo

Caldebarcos, Corcoesto, Pasarela, Loroño e Mens están de festa estes días

Caldebarcos, Corcoesto, Pasarela, Loroño e Mens están de festa estes días
Chega a fin de semana do Apóstolo e son varias as localidades da Costa da Morte que celebran as súas festas. En Caldebarcos Comezamos o repaso nas terras de Caldebarcos, en Carnota, Aquí non honran estes días ao Apóstolo, senón que quédanse co Carme. Hoxe xoves 21, a partir das 21:00h hai unha gran sardiñada amenizada pola charanga O Vendaval de Fisterra. Xa mañá, venres 22, haberá sesión vermú coa charanga O Vendaval de Fisterra e gran verbena nocturna co grupo Aramio e a orquestra Ritmo Joven. En Corcoesto Na parroquia de Corcoesto, xa estiveron de celebracións ao longo deste mes de xullo pero o sábado 23 poñen o punto final aos festexos. Será con misas a partir das 10:00h e misa solemne ás 13:00h na honra a Santa María do Remuíño. Logo dos actos relixiosos será a quenda de botar uns bailes no campo da festa cunha sesión vermú triple. Actuarán a Banda de Gaitas Inllar, a charanga O Rumbo de Sardiñeiro e o grupo Alcazar. Xa pola noite, pechan cunha verbena amenizada polo grupo Alcazar. En Pasarela Grandes festas as que anuncian en Pasarela para estes días. Uns festexos que comezan este venres, 22 de xullo, cunha gran churrascada a partir das 20:00h. Logo de comer o churrasco, poderemos facer a dixestión cuns a bailes nos que tocará a orquestra Nova Palma acompañada de unha discoteca móbil. As festas continúan o sábado 23, cunha gran verbena amenizada polas orquestras Armonía Show e El Combo Dominicano. O domingo 24 haberá misa ás 12:00h do mediodía na honra a Santa Bárbara. Sesión vermú coa orquestra Nebraska e verbena con Nebraska e o grupo Ciclón. Xa por último, o luns 25 de xullo haberá misa solemne ás 13:00h na honra á Virxe do Carme. Da sesión vermú e a verbena ocuparase un dúo musical. En Loroño Na parroquia zaense de Loroño comezan as festas o domingo 24 con misa solemne ás 13:00h na honra ao Santísimo Sacramento. Da nota musical encargarase os grupos Triunfo e Tequila. Tamén farán festa varios dj’s. As festas continúan o domingo 25. En Mens E por último botamos unha ollada ao programa das festas de Mens, no concello de Malpica. Comezan o luns 25 con pasarrúas matinais a cargo dos gaiteiros da A. C. Malante de Malpica. A mediodía haberá misa na honra ao Apóstolo. Sesión vermú co grupo Atenas e gran verbena amenizada polo grupo Atenas e Pili Pampín. O martes 26 comezarán con misa na honra a Santa Ana. Os bailes de misa virán da man do grupo Océano. Xa pola noite gran verbena con Océano e a orquestra Nueva Generación. E por último, o mércores 27 as festas chegan á súa fin con misa na honra a San Xosé, sesión vermú co grupo Samba, e gran verbena fin de festa con Samba e a orquestra El Combo Dominicano.

Máis información festeira

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios