Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Os centros e asociacións no exterior celebraron o St. Niklaus

Niklaus en Zurichs 2
O cabanés Antonio Busto Gonzále celebrando o Niklaus en Zurich
Os centros e asociacións no exterior celebraron o St. Niklaus

A colonia española residente en Suíza está inmersa en diferentes celebracións como antesala a unhas datas tan entrañables como son o nadal. Nesta época do ano os encontros festivos, as ceas de empresa, as xuntanzas escolares, as ceas de socios ou a chegada de St. Niklaus convértese nunha rutina que ocupa practicamente todos os fins de semana antes de Nadal.

O espírito do Nadal alaga o ambiente de cada celebración e o pasado fin de semana, a Agrupación As Xeitosiñas de Zúric aproveitou a ocasión para celebrar unha festa en torno a unha tradición típica de Suíza, o St. Niklaus. Até a igrexa ortodoxa grega da cidade se de desprazou a colonia residente en Zúric e os alrededores para bailar ao son do emblemático grupo Nova Época, dos recanteiros da TVG, Antonio Barros e iAlma e da Banda de Gaitas da entidade que conta con 40 anos de historia.

Niklaus en Zurich

Os máis pequenos recibiron a visita de St. Niklaus que repartiu os tradicionais saquitos repletos de chocolatinas, cacahuetes e mandarinas.

Antonio Barros e iAlma realizaron unha viaxe no tempo onde o público gozou do baile e a diversión nun ambiente festivo colmado de espírito do Nadal e onde a sinxeleza e a humildade do dúo acústico encandeou aos asistentes que se envorcaron con eles.

Doutra banda, o grupo Nova Época subiuse ao escenario para agradecer tantos anos de boa acollida, tanto por parte do público como pola sociedade e para pór fin a unha etapa das súas vidas. Para Antonio Busto González, líder e creador do grupo, non foi fácil colgar o micrófono que tantas satisfaccións ofreceulle durante tantos anos. Aínda que naceu en Cabana de Bergantiños e viviu en San Paio, Berna acolleuno durante máis de corenta anos. Chegou o momento de volver a casa, á terriña como el di aínda que Suíza tamén se converteu no seu fogar. Tivo palabras para un público que se converteu en familia e en grandes amigos, houbo cancións dedicadas a Bergantiños do seu corazón e houbo humor e, principalmente, agarimo para todos os presentes.

Galiza Celta de Delemont en Menziken
O grupo Galiza Celta de Delemont en Menziken

No centro español de Menziken, que recolle a unha gran colonia galega da Costa da Morte e da comarca bergantiñana, celebrouse un encontro ao puro estilo galego. Por unha banda, non faltou a calor do típico cocido galego e por outro, o folclore máis tradicional da zona de mans do grupo Galiza Celta de Delémont. Non faltaron nin as muiñeiras vellas, nin os maneos, nin as xotas nin as cancións populares da zona nin tampouco o himno galego como broche final. Un ambiente entrañable propio da zona galega pero nun rinconcito de Suíza.

O grupo Galiza Celta participará a próxima fin de semana como única representación de Galicia no Mercado de Nadal que a cidade de Delémont organizou con motivo do Nadal. Percorrerán os diferentes escenarios dispostos pola cidade onde presentarán o mellor do folclore tradicional galego.

 

OUTRAS HISTORIAS DA DIÁSPORA CON ALEJANDRA PLAZA

Comentarios