Mércores. 24.04.2019
El tiempo

Cincuenta autores participan no I congreso internacional de escritores de Cabana

Cincuenta autores participan no I congreso internacional de escritores de Cabana
Branca Vilela e Jose Muino presentaron esta mana o I congreso internacional de escritores que tera lugar en Cabana Branca Vilela e Jose Muíño presentaron esta mañá  o I congreso internacional de escritores. Imaxe: Óscar de Souto Esta mañá presentouse en Cabana o I congreso internacional de escritores: "Anllóns e o Dolmen de Dombate: territorios literarios" que aunará uns cincuenta escritores e xornalistas de recoñecido prestixio. Esta actividade, que se enmarca dentro do programa cultural de Cabana para o mes de marzo, desenvolverase entre os días 18 e 20 de marzo. "Esta é unha iniciativa coa que se pretenden potenciar o valor e a beleza de Cabana, do estuario do Anllóns e da Costa da Morte da man dos distintos escritores que nos van a acompañar durante o congreso", sinalou José Muíño - alcalde de Cabana - durante a presentación do evento. Ainda que ésta é a primeira vez que organizan un encontro deste tipo, os organizadores esperan que sexa un evento que teña continuidade. Entre os participantes estarán Lidia García, de Nicaragua, e un autor de Senegal, entre outros moitos. “Escritores como Óscar de Souto - unha das firmas QPC - xa escriben inspirándose neste entorno, o Esteiro do Anllóns” sinalou Muíño quen se atreviu a pronosticar que o evento "está condenado a ser un éxito". Algo similar lle ocorreu a Branca Vilela, directora do Congreso, que recoñeceu durante a rolda de prensa ofrecida esta mañá que ela tamén viña a Cabana para inspirarse. Ao congreso poden asistir, de forma gratuita, todos aqueles interesados. As actividades enmarcadas dentro deste congreso terán localizacións distintas co fin de promocionar os lugares máis destacados de Cabana. Programa do Congreso
  • VENRES 18 DE MARZO DE 2016
12.00 horas: Saída en autobús dende A Coruña. Chegada de invitados, participantes e asistentes aos hoteis. 14:30 horas: Comida. Dolmen de Dombate 18.00horas: Inauguración do Congreso a cargo de José Muiño Domínguez, alcalde de Cabana de Bergantiños, Xesús Soto, diputado de Patrimonio, Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión e presidente do Pen Club de España e Branca Vilela. 18.30 horas: I Recital poético (en galego) Presentadora: Branca Vilela. Poetas: Yolanda Castaño, Rosa Méndez. 19.30 horas: II Recital poético (en castelán). Presentadora: Ángeles Castillo. Poetas: Manuel Athané, Pepa Nieto, Alfredo Puy, Julia Núñez. 21.30 horas: Cea.
  • SÁBADO 19 DE MARZO DE 2016
Auditorio de Neaño 10.30 horas: I Mesa redonda sobre “Influencias celtas na literatura”. Poñentes: Miguel Vázquez Freire, Óscar de Souto, Miguel Mato Fondo. 11.30 horas: II Mesa redonda sobre “Los grandes temas de la literatura: el amor, el viaje y la muerte”. Dolmen de Dombate 12.30 horas: Taller de Contos para a memoria, a cargo de Yolanda Castaño. Auditorio de Neaño 16.30 horas: III Mesa redonda sobre “Literatura galega do novo milenio”. Dolmen de Dombate 17.30 horas: II Taller de Contos para a memoria, a cargo de María Canosa. Observatorio de aves 17.30 horas: Visita guiada o Observatorio de aves de Cabana de Bergantiños, a cargo de José Luis Rabuñal Patiño. Auditorio de Neaño 18.30 horas: III Recital poético (en distintas linguas). Presentadora: Branca Vilela. Poetas: Serxio Moreira (pianista Cabanés), Rosalía Fernández Rial, Elena Vázquez Galván, Olga Patiño, Miguel Melero, Claudia Castro, Marilar Aleixandre, Estevo Creus Andrade, Suso Bahamonde, Chisco Naval, Maribel Longueira, Óscar de Souto, Miguel Mato Fondo, Xosé Iglésias, M.-ª José Fernández. 20.30 horas: Espectáculo poético-musical a cargo de Martín Vázquez Lendoiro.
  • DOMINGO 20 DE MARZO DE 2016
Dolmen de Dombate 11.00 horas: IV Mesa redonda sobre “Muller e literatura”. 12.00 horas: Clausura do Congreso, entrega de diplomas a cargo de José Muiño Domínguez, alcalde de Cabana de Bergantiños, José María Varela, Asesor de Cultura de Cabana, o presidente del Grupo Editorial Sial Pigmalión e presidente del Pen Club de España Basilio Rodríguez Cañada, editor e escritor e tamén Branca Vilela, poeta e xestora cultural.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios