O Coworking Costa da Morte abre o prazo de inscrición para a súa sexta edición
Toda esa mocidade da comarca que queira emprender ou que estea no proceso, ten unha ocasión ideal aproveitando as sinerxias do traballo en grupo. Tras case dous anos de parón, a sede do ‘coworking’ da Costa da Morte, situada en Cabana, comezará a súa actividade a partir do mes de xaneiro na sexta edición do programa ‘2WORK, e a Xunta vén de abrir o prazo de inscrición.
Serán 6 meses de formación para persoas emprendedoras cun proxecto empresarial en fase de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente. Estímanse en 20 o número de emprendedores que poderán participar nesta edición.
Entre as actividades das que dispoñerán as persoas participantes están obradoiros, sesións de formación grupal, mentorización e outros eventos cos que poñer en común os seus proxectos e incrementar as súas posibilidades de éxito.
Inscrición
A inscrición pode realizarse a través desta ligazón . Para máis información está dispoñible o correo electrónico [email protected].
NOVAS EMPRENDENDORAS
- Unha Arroutada de emprendemento na Milla de Ouro de Muxía.
- Fran Gorín: "Recoméndolle á xente moza que se anime a emprender e, se é na súa zona, moito mellor”.
- Toño González: "Quedarei na Costa da Morte, e estarei orgulloso de ser culpable de que se sinta máis viva que nunca”.
- Pilar Trillo: "Foi unha sorte coñecer a outros emprendedores na mesma situación e poñer en común os nosos proxectos”.
- O futuro empresarial da Costa da Morte citouse no peche do Coworking.
- Susana Suárez, Alicia Novás e Palmira Castro: Tres mulleres emprendedoras na Costa da Morte.
- Susana Salgado, unha empresaria muller no sector da Construción da Costa da Morte.