venres. 08.11.2024
El tiempo

Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes

Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes
Uns dos montes da zona de Corcoesto

Non hai nin dúas semanas que a Plataforma en Defensa de Corcoesto denunciaba o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto. Hoxe vai máis alá, e dende o Colectivo denuncian que a "empresa mineira de Corcoesto de acosar aos propietarios dos montes e pretende enganalos para lograr solo urbanizable de uso industrial a prezo de ganga".

A Plataforma acusa á empresa de "enganar aos veciños indicándolle que a mina xa está autorizada pola Xunta de Galicia e que se non venden o seu monte agora, despois van cobrar moito menos". Ademais, indican que "os contratos que presentan aos propietarios contemplan o pago do 10% á firma do mesmo e o resto a prazo de máis dun ano".

"Prezos de ganga"

Desde a plataforma destacan que a empresa mineira está “facendo un esforzo por obter de balde o monte de Corcoesto pagando 600 euros por ferrado” e sinalan que "ninguén vende os seus montes a ese prezo posto que xa vale máis a madeira".

Recordan ademais que como consecuencia do paso dunha liña eléctrica os propietarios dos montes recibiron 1.584 euros ferrado unicamente polo dereito do voo, mantendo a propiedade do monte, e no caso de autorizarse o proxecto mineiro o valor do monte de Corcoesto sería aínda moi superior a este.

Solo rústico

Por outra banda o monte de Corcoesto é solo rústico de protección forestal que, segundo a Paltaforma, "é incompatible coas actividades mineiras extractivas, e no caso de que se autorice o proxecto mineiro ese solo perde esa protección e por tanto equivale a solo urbanizable de uso industrial, que ten un prezo que dista moito do prezo ridículo ofertado pola empresa".

Local Social

Para tratar estes temas do interese dos veciños, a Plataforma vén de solicitar novamente ao Alcalde de Cabana o local social de Corcoesto e confía en que nesta ocasión poida dispor de acceso ao mesmo, tras serlle denegado en varias ocasións.

Recunchos da Costa

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios