Venres. 26.04.2024
El tiempo

Escolares de Camariñas e Ponte do Porto viven a diversidade en primeira persoa

Escolares de Camariñas e Ponte do Porto viven a diversidade en primeira persoa

Auténticas son estas xornadas de sensibilización de Íntegro. Xornadas nas que os alumn@s viven en primeira persoa a diversidade e aprenden, de xeito completo, como debería ser a inclusión.

Desta volta foron 46 alumnos e alumnas dos colexios de educación primaria de Camariñas e Ponte do Porto os que visitaron o Centro de Recursos Íntegro nunha nova edición de Visítanos, unha actividade de sensibilización incluída no programa Capacíta-T destinada a concienciar aos máis pequenos en materia de diversidade e inclusión.

Visitaron os obradoiros de artes manuais, como o de confección de xabóns de glicerina e pulseiras de macramé, puxéronme mans á obra tamén na cociña, e no ximnasio tiveron oportunidade de poñer a proba as súas habilidades coa axuda dos nosos usuarios/as e os seus propios mestres.

Ademais de realizar circuítos de mobilidade sobre unha cadeira de rodas, tamén se achegaron ao obradoiro de carpintería para tomar boa nota das labores de recuperación de mobiliario urbano que levamos a cabo e concienciarse sobre a importancia de coidar e conservar os bens e os espazos públicos.

Finalmente, os/as estudantes elaboraron un mural conxunto coas súas impresións dunha xornada na que ademais de aprendizaxe e coñecementos, houbo emocións e moita diversión.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios