sábado. 03.05.2025
El tiempo

Esixen o arranxos no alumeado e humidades na Igrexa de Corcoesto e no Local Social de Cures

Esixen o arranxos no alumeado e humidades na Igrexa de Corcoesto e no Local Social de Cures
Imaxe da Igrexa Parroquial de Corcoesto

A Asociación autonómica e ambiental Petón do Lobo presentou hai unhas semanas a través do Rexistro da Xunta de Galicia, ao concello de Cabana dúas solicitudes, onde se reclama ao Alcalde a realización de varias actuacións, sen ter resposta por agora.

Falamos do “urxente arranxo do alumeado público da Igrexa e cemiterio parroquial de San Pedro de Corcoesto”, pois as farolas que vemos na imaxe de vai uns meses xa nin funcionan e non existe arestora iluminación algunha polo seu manifesto deterioro e falla de conservación. Ademais lembran da necesidade de mellorar o tramo da estrada municipal que rodea á Igrexa.

Dende o Petón falan tamén das carencias do local social de Cures, onde faise necesario o arranxo das humidades e pintura das paredes. E pide que “se baralle a posibilidade por parte do concello de proceder á construción dun novo local social, ou ben a unha ampliación do existente, xa que logo arestora o mesmo non satisface en absoluto a necesidade de espazo que a parroquia necesita para o desenvolvemento das actividades cotiás”. Cómpre lembrar que é lugar de reunión de alomenos 6 colectivos e asociacións.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Petón do Lobo.

Comentarios