Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Falece o motorista cabanés do accidente en Baio

Falece o motorista cabanés do accidente en Baio

Só 4 días despois da morte dun motorista nas estradas de Zas, un novo accidente salpica a actualidade sinistra na Costa da Morte. E de novo é un motorista o que paga as consecuencias.

Esta tarde de mércores 19 de outubro, arredor das 18:00h vén de producirse unha colisión entre unha moto e un turismo na AC-552, a altura de Baio, no lugar da Cacharoza, entre a gasoliñeira e o Palacion de Cristal. Parece ser que a moto, que quería xirar á esquerda, foi arrollada por un turismo que viña adiantando ao coche de atrás por mor da frenada.

O condutor da moto, un señor de 76 anos, con iniciais E.R.C., natural da parroquia cabanesa de Borneiro falecía tras ser trasladado ao CHUS. O veciño falecía durante a tarde noite de onte.

Ata aló se desprazaron efectivos do 112, a garda Civil e Protección Civil de Zas, e un helicóptero de Urxencias Médicas, que trasladou ao, aínda ferido, ata o Hospital de Santiago CHUS.

Novas relacionadas

Accidentes no 2011

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios