Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Íntegro acolle un curso de COGAMI de técnicas administrativas

Curso de COgami en Integro
Íntegro acolle un curso de COGAMI de técnicas administrativas

As instalacións que ten a asociación ÍNTEGRO en Nantón (Cabana), acollen un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. A entidade cabanesa forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a organizadora deste completo curso, de 448 horas lectivas que se imparten ata o día 1 de abril de 2022, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O curso inicia con 14 persoas, 4 mulleres e 10 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual. Proceden dos concellos de A Laracha, Carballo, Coristanco, Vimianzo, Zas e Malpica de Bergantiños. A maioría das persoas que forman parte do curso traballaron anteriormente en sectores diversos como operario de almacén, control de accesos, limpeza, xardinería e construción.

O obxectivo é proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 511 persoas inscritas na comarca de Bergantiños e 77 persoas inscritas na comarca de Soneira.

Novas relacionadas

Comentarios