Venres. 29.03.2024
El tiempo

Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos

Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
Os concellos de Cabana, Laxe, Ponteceso e Malpica teran o seu propio Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade. Imaxe: Íntegro Os concellos de Cabana, Laxe, Ponteceso e Malpica teran o seu propio Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade. Imaxe: Íntegro O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade no ámbito rural - PIMD Rural -, que a asociación Íntegro puxo en marcha no 2015 nas súas instalacións, trasladarase a varios concellos da comarca de Bergantiños co fin de ampliar as actuacións que se están levando a cabo dende a entidade e incrementar a colaboración cos servizos de proximidade á cidadanía. Dende hai anos o centro de recursos de Nantón desenvolve un programa específico de asesoramento e intervención integral para persoas con diversidade funcional, especialmente mulleres, financiado pola secretaría xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo (FSE). Pero foi o ano pasado cando botou a andar o PIMR Rural co obxectivo de promover medidas específicas de loita contra a discriminación e desigualdade de oportunidades que sofre este colectivo, ademais de desenvolver actividades que faciliten o seu empoderamento e reforcen o seu papel no ámbito rural. Cabana de Bergantiños, Laxe, Ponteceso e Malpica serán, a partires deste ano, os primeiros concellos da Costa da Morte en contar cos seus propia do PIMD Rural, permitindo achegar e aproveitar os recursos técnicos da nosa asociación para poñelos ao servizo das persoas que residen nas diferentes localidades do noso entorno de intervención. Grazas a este novo programa de cooperación tamén se poderán mellorar as actuacións previstas nos Plans de Igualdade Municipais con medidas específicas para a atención de mulleres con diversidade funcional. Servizos As mulleres que se acheguen ata os puntos de intervención poderán atopar ampla información e asesoramento sobre recursos en materia de diversidade; atención psicolóxica e mediación familiar; accións encamiñadas á adquisición de habilidades persoais e sociais básicas así como competencias para a mellora do emprego e apoio na mediación laboral e profesional. Ademais, realizaranse actividades de prevención da violencia de xénero e asesoramento de ocio e participación social. Así mesmo, as usuarias deste novo servizo terán información continua e actualizada sobre todos os programas e accións específicas que se desenvolven en Íntegro. En breve, a páxina web de Íntegro recollerá toda a info que precises sobre o PIMD Rural a través dunha nova sección. Mentres tanto, os interesados e interesadas poden achegarse ao novo punto de intervención poñéndose en contacto coa entidade chamando ao 981 734 985 ou preguntando no departamento de servizos sociais do teu concello. Novas relacionadas Fonte

Comentarios