Íntegro comeza a campaña de fidelización polo 25 aniversario
25 anos traballando pola inclusión leva a Asociación Íntegro. E para colaborar en que sigan outros tantos, podemos xa sacar o carnet de socio da entidade. Un carnet que permite importantes vantaxes económicas en preto de trinta empresas, comercios e establecementos de seis concellos da Costa da Morte. A entidade premia así a súa fidelidade ao tempo que promociona o comercio de proximidade.
Esta iniciativa “pretende ser un pequeno xesto de agradecemento co que recoñecer e premiar a lealdade de todas as persoas que, coa súa colaboración desinteresada, fan posible que sigamos traballando e medrando en recursos e actividades, ademais de axudar a promover o comercio de proximidade”, como explica o propio presidente Adolfo López Baña,
Esta temporada mercar un ordenador, ir ao salón de peiteado ou recibir unha masaxe será entre un 5% e un 50% máis barato para todos os socios/as de Íntegro que presenten o seu correspondente carné nalgunha das preto de trinta empresas e comercios adheridos a esta campaña e pertencentes aos concellos de Vimianzo, Laxe, Ponteceso, Cabana, Zas e Carballo. Xunto aos descontos, ofertas e promocións dunha ampla selección de produtos tamén se realizarán sorteos e agasallos de numerosos artigos e servizos de uso cotiá (alimentación, téxtil, beleza, ocio...). Deste xeito, ademais de gratificar aos aboados e aboadas tamén se pretende promover a economía local e o comercio de proximidade.
Aínda que a campaña xa botou a andar, as persoas que estean interesadas en participar aínda están a tempo de facelo, ben como socios/as da entidade ou como establecemento adherido á rede de empresas colaboradoras. Abonda con chamar ao 981 734 985, de luns a venres en horario de 09 a 17h.
A partir de agora saca o carné de Íntegro cando merques nalgún dos seguintes establecementos e benefíciate das súas vantaxes:
- Baio (Zas): Calzados Paco Home, Calzados Paco Muller, Óptica Arjomil, Parafarmacia Horizonte, Fisioterapia Vértebra, Alicia Novas Podoloxía, Centro Dental Baldomar, Muebles Galicia, Lencería marta, Psicoloxía Tania Rojo.
- Cabana: Fisioterapia Eva Senande, Amamber.
- Carballo: DonClic, Modas Suárez, Peluquería DobleV, Deportes San Remo.
- Laxe: Colaxe.
- Ponteceso: A Tenda dos Libros, A Pesqueira Zapatería, Xoiería Rey Mira, O Mundo ao Revés, Pettit Moda, Parafarmacia Horizonte.
- Vimianzo: Arranxos Beatriz, A Tenda de Ma, Centro de Estética Jenn, Mónica Coscoñas, Modas Vigo, Clínica de Podoloxía Mª Cristina Varela Novo.
Novas relacionadas
- A empresa de economía social de Íntegro desenvolve as actividades de envellecemento activo de Malpica e Buño:
- “A ti tamén che pode pasar”. A nova campaña de Íntegro pola prevención das lesións medulares.
Fonte
- Íntegro.