Íntegro crea un novo espazo para a inserción laboral da muller chamado clubEmprego
07:09 08/03/17
Íntegro e os concellos que forman parte do PIMD Rural poñen hoxe en marcha o clubEmprego
Coincidindo coa conmemoración do Día da Muller, a asociación Íntegro pón en marcha unha nova acción formativa dentro do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional no ámbito Rural (PIMD Rural) que consistirá na creación dun clubEmprego, o novo espazo de encontro para a inserción laboral da muller.
Esta novidosa experiencia está dirixida a mulleres, preferentemente con disCapacidade e residentes nalgúns dos catro concellos adheridos ao plan (Cabana, Malpica, Laxe e Ponteceso), activas e con ganas de incorporarse ao mercado de traballo. Tamén poderán anotarse aquelas que, sen cumprir estes requisitos, estean interesadas en participar.
O clubEmprego posibilitará a busca de emprego en grupo e a prestación de asesoramento individual e grupal para dotar de ferramentas útiles e necesarias a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade social. Para elo, en cada sesión haberá grupos reducidos de traballo aos que se lles facilitará apoio formativo individualizado relacionado con Tic´s, trámites administrativos ou empoderamento, así como accións grupais dirixidas á realización de procuras dixitais, entrega de currículos, rastrexos a pé de rúa, creación de bolsas de emprego ou intermediación laboral con empresas, entre outras. Ademais, faranse prospeccións de mercado periódicas para coñecer, a curto e medio prazo, as necesidades de mercado da zona e adecuar a formación das alumnas ás mesmas.
Así mesmo, en caso que a demanda o requirise, tamén se poría en marcha un clubEmprendemento para mulleres emprendedoras, interesadas no autoemprego, coa finalidade de poñer ao seu alcance as medidas, coñecementos e axudas necesarias para crear o seu propio negocio ou empresa. Para garantir o éxito e a viabilidade das novas accións traballarán cóbado con cóbado cos departamentos de orientación laboral e desenvolvemento local ademais de continuar colaborando cos servizos sociais dos municipios implicados.
Información e inscricións
Os encontros levaranse a cabo na sede que a asociación Íntegro ten en Nantón e nos concellos que forman parte do programa PIMD Rural, co-financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e o Fondo Social Europeo (FSE).
O prazo de inscrición para formar parte do noso clubEmprego ábrese hoxe no Centro de Recursos de Nantón coincidindo co Día da Muller. As interesadas en participar ou en recibir información, poden chamar ao 981 734 985. Os primeiros encontros celebraranse o 1 de abril en Íntegro e nos concellos de Malpica, Laxe, Ponteceso e Cabana.
Novas relacionadas
- Escolares do CEIP Canosa-Rus de Coristanco coñecen as instalacións de Íntegro
- Os agasallos máis orixinais deste san Valentín tenos Íntegro
- Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
- Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
- Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
- Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Íntegro