Venres. 26.04.2024
El tiempo

Íntegro volveu celebrar o seu 30º aniversario cunha xornada de portas abertas

Integro Portas abertas
Íntegro volveu celebrar o seu 30º aniversario cunha xornada de portas abertas

Con bombas de palenque e todo anunciaba a gran familia Íntegro o seu día máis esperado do ano. A apertura da portas do Centro de Recursos de Nantón servía de día de festa recibindo a visita de familias, veciñ@s, soci@s e visitantes. O presidente da entidade Adolfo López Baña, e a directora Noelia Barreira daban a benvida para gozar do 30º aniversario.

Fiel ao lema conmemorativo deste ano “todos e todas sumamos”, o numeroso público asistente amosouse, desde o primeiro momento, moi participativo e interesado nas diferentes actividades programadas.
As primeiras consistiron na realización de varios obradoiros de temática variada, entre os que non faltaron o de xabóns, chapas e pulseiras, ademais do de reciclaxe de plásticos, que se levou a cabo no taller de Diversiplás para dar a coñecer os diferentes tipos de residuos e o proceso de transformación e valorización deste tipo de lixo.

Integro Portas abertas

Paralelamente, no exterior das instalacións de Nantón, realizáronse demostracións de produtos de mobilidade activa, a cargo de Tomás Cutrín, de Innova Procare, que lograron captar o interese e a atención de todos os convidados/as, entre os que tamén figuraban os/as integrantes dos grupos de voluntariado xuvenil de Madrid que nos visitaron ao longo do mes. Durante a mañá, foron moitas as persoas que aproveitaron para coñecer polo miúdo as instalacións e realizar un percorrido pola nosa historia a través da mostra fotográfica exposta no centro.  

O deporte e a actividade física chegou da man dunha divertidísima e moi movida masterclass de zumba, que combinou á perfección exercicio, música e diversión.

A xornada no centro rematou cunha interesante charla sobre afectividade e sexualidade en persoas con diversidade funcional, impartida pola psicóloga e sexóloga Laura Ramírez. A festa continou ao longo do día no restaurante A Pedra, situado na mesma localidade, para desfrutar dun xantar de confraternidade conmemorativo do noso 30º aniversario.

Comentarios