Laxe impulsa o emprego xuvenil cun curso de hostalería e outro sobre o pequeno comercio
08:15 05/10/17
A formación está dirixida a mozos e mozas dos concellos de Laxe, Zas, Ponteceso e Cabana
Baixo o paraugas do Plan Integral de Cualificación e Emprego - PICE - da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña o concello de Laxe pon en marcha varias iniciativas dirixidas a mozos e mozas dos concellos de Laxe, Zas, Ponteceso e Cabana de Berganiños incluídos dentro do Programa de Garantía Xuvenil coa finalidade de dar resposta as necesidades deste colectivo en materia de busca de emprego, coñecementos e capacidades.
Así, dentro das iniciatias figura un programa de formación específica e gratuita coo que os destinatarios aumenten as súas oportunidades laborais. En concreto entre o 2 de novembro e o 1 de decembro desenvolveranse dous cursos. Un deles terá como obxectivo formar aos asistentes no mundo dos pequenos locais de hostalaría e turismo. O outro será para aprender as nocións básicas do funcionamento do pequeno comercio.
Os participantes obterán un diploma acreditativo ademais do carné de manipulador de alimentos e o diploma de operación de caixa na venda (T.P.V.). A parte teórica dos cursos impartirase nas dependencias do edificio do concelo de Laxe e a parte práctica nas instalacións do hotel Playa de Laxe.
Inscricións
As prazas son limitadas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse no Servizo de Orientación Laboral dos Concellos de Laxe e Zas ou chamando o teléfono 981 706 908.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Laxe